A Xunta busca que o TSXG avale a esixencia de certificado COVID para o acceso ao interior da hostalaría
O TSXG anulou a medida, que polo tanto non está en vigor este xoves. Para o Goberno galego, "a esixencia deste certificado permitiu a apertura dos interiores da hostalería e restauración en situacións en que antes estaban pechados"
- Obituario
- Cultura
Morre aos 80 anos Francisco Pillado, figura fundamental do teatro e da edición galega
Nacido na Coruña en 1941, promoveu numerosas agrupacións e publicacións teatrais e en 1990 impulsou a creación da editorial Laiovento, que dirixiu ata o ano 2014. Dende o 2011 era presidente de honra da Fundación Praza Pública.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a reducir os novos casos de COVID, cunha incidencia que é maior na Costa da Morte, A Coruña e as Rías Baixas
Fisterra, Malpica, Corcubión e Cee están entre os dez concellos con máis incidencia acumulada en 14 días e tamén Sada, Oleiros e a propia cidade da Coruña superan os 750 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Nas últimas tres semanas 60 persoas morreron en Galicia por mor da COVID, pero o pico hospitalario da quinta vaga da pandemia semella ter sido superado
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Coruña comeza a reducir a incidencia da quinta vaga da pandemia e únese ao resto de Galicia na redución de contaxios
O número de contaxios rexistrados nesta área sanitaria levaba en ascenso dende o mes de xuño. O resto do país iniciara hai dúas semanas unha tendencia de redución do número de positivos. O número de camas hospitalarias ocupadas segue este mércores por riba dos datos de hai sete días.
Os datos desmenten a 'aldraxe' das vacinas denunciada pola Xunta: Galicia é o terceiro territorio que recibiu máis doses por persoa
O Goberno galego redobra as críticas por non ser beneficiado polo envío extraordinario de 3,4 millóns de doses de Pfizer, que busca acadar antes do remate de agosto o 70% de poboación con pauta completa, unha porcentaxe que Galicia superou hai tempo. Durante varios meses o noso país recibiu máis doses que o resto de comunidades autónomas ao ter unha poboación máis envellecida
Ourense e Compostela abandonan o nivel alto de restricións, no que se manteñen as restantes cidades
Dende este venres unicamente o concello do Grove estará no nivel máximo de restricións, do que saen Monterroso (pasa a nivel medio) e Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona (pasan a nivel alto).
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas pola COVID en Galicia acada o seu máximo en cinco meses
A incidencia acumulada continúa a descender de forma lenta, agás na área sanitaria da Coruña, que mantén o seu empeoramento. A taxa de positividade supera o 12% no conxunto do país
Galicia debería incrementar nun cento o número de postos de traballo nas bibliotecas para igualar a ratio estatal de persoal
As estatísticas de bibliotecas do Ministerio de Cultura amosan que Galicia se sitúa por debaixo das cifras medias do conxunto de España en orzamento e persoal. Bamad reclama unha maior implicación de todas as administracións para mellorar este servizo e que chegue a toda a cidadanía
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de COVID continúan á baixa en toda Galicia, agás na Coruña, onde seguen a medrar
A área sanitaria herculina é a única na que aumentan os contaxios rexistrados e a cidade sitúase como a urbe con peores datos. O número de persoas hospitalizadas por COVID semella ter freado a súa tendencia ascendente, con cifras moi semellantes ás do pasado luns
Un 25 de xullo de hai 40 anos, entre o referendo autonómico e as primeiras eleccións: o autogoberno galego bota a andar
Hai catro décadas Galicia preparábase para elixir o seu primeiro Parlamento, nunhas eleccións de outubro marcadas pola abstención e pola remuda de UCD pola Alianza Popular de Fraga e Albor. O 25 de xullo estivo marcada pola forte presenza policial en Compostela, con cargas e detencións de militantes do BNPG.
A Universidade da Coruña comezou a aplicar a nova 'Lei Ángeles Alvariño' de igualdade na investigación hai 17 anos
No ano 2004 a Facultade de Ciencias solicitou que se prorrogasen os contratos das investigadoras que se acolleran a baixas de maternidade ou lactación, para evitar que as súas carreiras se visen prexudicadas, unha medida aceptada pola UDC e que dende este martes é oficial a través dunha norma aprobada polo Parlamento
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
A violencia vicaria: á espera de medidas que protexan a crianzas e nais dos seus agresores
Falamos con Antía Pousa (Marcha Mundial das Mulleres) e Estrela Gómez (coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores) sobre as accións que serían necesarias para previr as agresións dos maltratadores coincidindo coa aprobación no Parlamento galego dunha modificación lexislativa que amplía o concepto de vítima da violencia de xénero ás mulleres cuxos fillos foron asasinados polo pai.