- Análise Coronavirus
- Acontece
Protexer a xeración da guerra e da postguerra, próximo reto do proceso de vacinación contra a COVID
Este colectivo, o máis golpeado pola pandemia (suma o 74% das mortes) componse de 234.000 persoas en Galicia, das que unha parte (ao redor de 30.000) xa está a ser inmunizada ao vivir en residencias ou ser grandes dependentes. A partir de marzo comezará a súa vacinación, para a que se necesitará incrementar o actual ritmo de administración.
A substitución do vehículo privado polo transporte público, máis eficaz que os coches eléctricos para reducir a contaminación
Un informe do Centro de Investigación Economics for Energy, con sede en Vigo e dirixido polo catedrático Xavier Labandeira, analiza os posibles escenarios para a "descarbonización" do transporte terrestre e aposta polo fomento de tren, autobús e outras formas de transporte colectivo antes que pola substitución do parque de vehículos privados
Un de cada catro pacientes COVID que foi á UCI en Galicia dende o desconfinamento ingresou nas últimas dúas semanas
A semana do 13 ao 20 de xaneiro foi o período cun maior número de ingresos hospitalarios en Galicia dende maio (687), fronte aos 431 da semana anterior. Tamén a semana con máis ingresos en UCI (113). O incremento no número de contaxios fai prever que continuará o aumento nas hospitalizacións
60 anos do secuestro que mudou o 'Santa María' polo 'Santa Liberdade' clamando pola fin das ditaduras de Franco e Salazar
O 22 de xaneiro de 1961 un grupo de 24 galegos e portugueses, integrantes do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, secuestrou no medio do Atlántico un buque con 586 pasaxeiros. A Deputación de Pontevedra vén de adquirir o arquivo persoal de Xosé Velo, un dos líderes da acción
Os riscos asociados á COVID reabren o debate sobre o peche das granxas de visóns en Galicia despois de anos de denuncias
Dende hai anos Adega denuncia a "permisividade" da Xunta con estas instalacións, que máis aló dos novos perigos de contaxio do coronavirus, supuñan xa unha "bomba biolóxica" para a biodiversidade. En Galicia hai 25 granxas, o 80% das existentes en España, con máis de medio millón de exemplares
Portugal pecha os colexios, incapaz de frear a propagación da pandemia co confinamento aprobado hai uns días
O venres pasado comezou a aplicarse un confinamento domiciliario moi semellante ao da primavera, que non semella estar contribuíndo a reducir a incidencia. O Goberno luso decidiu pechar durante 15 días os centros de ensino. A situación é moi grave en todo o país, incluídos os concellos na fronteira con Galicia
A ocupación dos hospitais galegos achegase á da primeira vaga da pandemia con varias semanas de empeoramento por diante
Dende o momento no que o número de contaxios deixe de medrar, quedará aínda un tempo longo ata que a situación nos hospitais comece a mellorar. Nos últimos días varios pacientes foron trasladados dende o hospital de Ferrol ao de Lugo para aliviar a saturación que vive aquela área sanitaria, semellante á que sofren A Coruña, Santiago ou Vigo.
Dúas sentenzas instan á vacinación de usuarios de residencias de Santiago ao superar os beneficios aos riscos da súa aplicación
Nun caso a titora dunha usuaria nun centro de maiores negárase á súa administración e no outro fora o propio residente o que rexeitara a vacina, fronte ao consentimento informado por substitución prestado pola entidade tutelar F.U.N.G.A., dependente da Xunta. Os dous ditames xudiciais salientan os riscos para a supervivencia destas persoas no caso de non seren vacinadas.
Da Residencia Barroso ao Arsenal de Ferrol: a CIG pide a Defensa a eliminación da simboloxía franquista nas instalacións militares
O sindicato remitiu un escrito á ministra Margarita Robles no que solicita a modificación das denominacións das rúas interiores do Arsenal ferrolán, o cambio do nome co colexio Salvador Moreno e da residencia de estudantes Teniente General Barroso ou a retirada de placas e cruces con homenaxes aos militares golpistas.
Unha nova sentenza do TSXG confirma a paralización dos proxectos mineiros de Erimsa na Terra Chá
A empresa norueguesa tentaba reactivar a extracción de seixo en Cospeito, pero o Tribunal Superior ratifica a negativa expresada recentemente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo. O ditame únese a outras sentenzas que nos últimos anos impediron estas actividades mineiras noutros concellos da comarca
- Entrevista | F.Caamaño e J.Gestal Coronavirus
- Acontece
Epidemiólogos cren necesario un confinamento para evitar a saturación dos hospitais e garantir o éxito da vacinación
Preguntámoslles aos profesores de Saúde Pública da USC Francisco Caamaño Isorna e Juan Gestal sobre a gravidade da actual situación, a eficacia das medidas adoptadas ata o momento por Xunta e Goberno central e sobre as consecuencias da terceira onda da pandemia no sistema sanitario e no proceso de vacinación
55 concellos máis pasan ao nivel máximo de restricións, entre eles Vigo e Pontevedra
Un total de 115 localidades, nas que vive o 72% das poboación galega, terá así as medidas máis duras, que implican limitacións de mobilidade, coa prohibición de entrar e saír do termo municipal, e o peche de toda a actividade interior da hostalaría.