Os incendios forestais do ano 2020 tiveron un custo de 151 millóns de euros para Galicia
Segundo os cálculos da asociación Arco Iris a partir dos datos do Ministerio de Transición Ecolóxica, os traballos de extinción das 15.000 hectáreas queimadas ascenderon a 61,5 millóns euros e os gastos de restauración sumaron outros 90 millóns
A suba dos prezos da electricidade e o transporte eleva o IPC ao seu nivel máis alto na última década en Galicia
O Índice de Prezos de Consumo situouse en xullo un 3,5% por riba nivel do pasado ano, a cifra máis elevada dende maio do ano 2011. A suba interanual dos prezos da vivenda, electricidade e gas (+11,3%) e do transporte (+9,4%) empurran o índice xeral e alimentan as demandas dunha suba importante do salario mínimo e do conxunto dos soldos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia cae ata o nivel máis baixo dende o 10 de xullo
Lugo convértese na cidade con máis casos por habitante, ao tempo que se manteñen gromos de importancia en Baralla, Ordes, Monforte, Melide, Curtis ou Monterroso.
- Mapa interactivo Coronavirus
- Acontece
En tres de cada catro concellos galegos máis do 80% da poboación maior de 12 anos ten a pauta completa da vacina contra a COVID
A porcentaxe supera o 90% en Vilar de Barrio e outras oito localidades e nas cidades oscila entre o 76% de Vigo e o 81% de Compostela. Negueira de Muñiz, Avión ou Beariz son os concellos con menos xente vacinada, pero en xeral os datos son máis elevados nas zonas máis envellecidas
A veciñanza de Zas, Vimianzo e A Baña, chamada a manifestarse na Coruña contra o peche de sucursais bancarias nos seus concellos
A marcha terá lugar o vindeiro xoves 2 de setembro e conta co apoio dos tres gobernos municipais e entidades veciñais e empresariais. Están a prepararse autobuses gratuítos para acudir a unha protesta contra os peches, previstos para o 8 de setembro e denunciados como "un ataque contra o rural"
O SLG denuncia que Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz venden leite por debaixo dos custos de produción "coa permisividade da Xunta"
Pódense atopar ofertas dez céntimos por debaixo do mínimo establecido. O sindicato sinala que "a política de brazos cruzados da Xunta para facer cumprir o Acordo Lácteo, un texto que Núñez Feijoo se fartou de cualificar de 'histórico', segue a empurrar á quebra as pequenas e medianas explotacións galegas"
O 90% da poboación galega maior de 12 anos ten xa cando menos unha dose da vacina contra a COVID
A vacinación da mocidade entre 12 e 19 anos acada ao 72% e achega o obxectivo de que a gran maioría do estudantado de secundaria inicie o curso escolar coa pauta completa.
A Xunta decide permitir en 198 concellos a caza de xabaríns "sen límite de exemplares", todos os días e sen autorización previa
A 'emerxencia cinexética temporal' entra en vigor este venres en 29 comarcas galegas e estenderase ata o 27 de febreiro de 2022. Nos terreos cinexéticos destes concellos as batidas deberán ser comunicadas con 10 días de antelación. O Goberno galego afirma que busca combater os danos á agricultura, os accidentes de tráfico e a expansión da peste porcina africana.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID nas áreas de Lugo e Santiago segue á alza por mor dos gromos de Monforte, Ordes e Melide
A situación continúa a mellorar nas áreas sanitaria de Vigo, A Coruña e Pontevedra, pero o empeoramento que se rexistra en varios concellos do interior leva a un estancamento nas cifras globais galegas.
Galicia suma 13.312 vivendas turísticas legais, un 35% máis que antes do inicio da pandemia de COVID
O rexistro da Xunta recolle un incremento constante dende hai catro anos, que se mantivo estable no último ano. Os pisos turísticos rexistrados suman case 71 mil prazas, fronte ás 57 mil dos hoteis. Os concellos litorais e os situados no Camiño de Santiago son os que teñen unha maior densidade destes establecementos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Descende o número de pacientes COVID nos hospitais galegos, mentres a incidencia acumulada estabilízase
O peores efectos da quinta vaga da pandemia comezan a remitir, despois de deixar 109 mortes dende o 15 de xullo. Os novos contaxios aumentan nas áreas sanitarias de Lugo e Santiago e estáncanse en Ourense e Ferrol, reducíndose nas áreas da Coruña, Vigo e Pontevedra
Menos chegadas do estranxeiro, mellora do saldo co resto do Estado e movementos das cidades cara ao rural: os efectos da COVID nas migracións
A pandemia empeorou o saldo migratorio de Galicia, ao reducir moito a chegada de poboación estranxeira. Porén, incrementou as entradas (ou o retorno) de persoas anteriormente empadroadas noutas comunidades. Ademais, a COVID favoreceu o traslado de poboación dende as cidades a concellos da súa contorna e mesmo a localidades da Galicia rural