O PSOE da Coruña acusa a Negreira de gastar 150.000 euros "en petiscos" en Londres
Os socialistas coruñeses censuran o "desbalde" que, di, supuxo a campaña promocional da cidade en Londres durante tres días nos que se investiu "o mesmo que en axudas ao comercio durante un ano"
"Son a prima de risco. Estouno pasando moi mal"
A Comisión de Normalización Lingüística de Económicas da USC organiza un concurso de curtas. As normas: ten que durar menos de 5 minutos, ter unha temática económico-empresarial e estar en galego.
Acabar coa sobrepesca para que non acabe a pesca
Xosé Veiras publica unha análise da reforma da Política Pesqueira Común (PPC). En Un Claro no Bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza.
Memoria de Alan Turing
Daniel Piso faille unha homenaxe a Alan Turing, precursor da informática moderna, e do que neste 2012 celebramos o centenario do seu nacemento. En Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia de Praza.
Piden a retirada do Honoris Causa da UDC a José Luís Méndez
Os Comités solicitan a retirada desta distinción ao ex director xeral de Caixa Galicia por ser "xunto co resto de directivos das caixas galegas, responsábel da actual crise do sector financeiro galego".
Os afectados pola suspensión da convocatoria de 34 prazas na USC piden unha reunión co reitor
Sinalan que estas prazas non implican un incremento do persoal laboral da USC nin da masa salarial autorizada pola Xunta de Galicia ao seren "transformacións de contratos xa existentes en figuras específicas e graduais da carreira universitaria".
A “desmobilización” contra as peaxes da AP-9: entre o "éxito" e o silencio de Audasa
Os organizadores da protesta sinalan que o tráfico na autoestrada se reduciu ao redor dun 15% este martes, segundo os sensores da DGT, e denuncian a "falta de sensibilidade" da empresa concesionaria, á que lle seguen esixindo que rebaixe os prezos ao igual que o fixo noutras comunidades autónomas.
O PP veta que se devolvan todos os cartos ás vítimas das preferentes
Os populares argumentan que iría en contra da lexislación europea e acusan o PSOE de ser o causante da "estafa" destes produtos financeiros.
"O 21-O non foi un plebiscito que avalase a Rajoy, o plebiscito son os seis millóns de parados"
Ignacio Fernández Toxo participou na Asemblea Nacional de CC.OO. en Galicia, que avaliou os resultados electorais salientando o avance de AGE, celebrou a unidade de acción sindical e serviu para preparar a folga xeral do 14N.
Dez anos sen novos parques naturais en Galicia
A asociación Monte Pindo reclama esta protección para o espazo carnotán e lembra que dende 2002, cando se nomeou a Serra da Enciña da Lastra, a Xunta non volveu crear un parque natural.
'Plantón' de pais, sindicatos e alumnos no Consello Escolar do Estado
Abadonan o pleno no que se discutía a reforma educativa do ministro Wert en protesta pola non tramitacion dun ditame alternativo.
Crise, EREs... A banda deseñada do real
Idoia de Luxán Vázquez lanza unha inixiativa de crowdfunding para financiar a edición e distribución de Alleos, un cómic sobre a situación económica que relata como a historis de varios traballadores que dan un xiro radical á sua vida despois do ERE da súa empresa.