Mangouras: "O Goberno español levou o Prestige a ningures"
O capitán do Prestige volve criticar no xuízo a xestión da catástrofe e o trato recibido polas autoridades tras ser detido. "Foi o peor día da miña vida", asegurou.
Instan a Almunia a non deixar desaparecer a obra social de Novacaixagalicia
O persoal de NCG reclámalle ao vicepresidente da Comisión Europea que faga o preciso para que a antiga caixa manteña a súa participación en Novagalicia Banco como "única vía" para preservar o seu labor social
Acusan o reitor da USC de entregarlle á Xunta a autonomía universitaria
Nunha carta aberta á comunidade universitaria os afectados e afectadas pola suspensión da convocatoria de prazas afirman que Casares se comprometeu con eles a desbloquear a convocatoria cando xa pechara un acordo co Goberno galego para retirala. Os sindicatos tamén denuncian "a intromisión na autonomía universitaria".
Para a CRMH, o PP ten "un clarísimo problema: non ter superado o franquismo"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña chama a "en troques de andar a rescatar bancos", rescatar "o Pazo de Meirás para o pobo galego" pois "foi roubado pola familia Franco e que aínda están a desfrutar gratis os seus descendentes".
Prohibido negociar o evidente
Praza Pública
Dación en pago tras acampar en folga de fame
Un home consegue saldar a débeda de 50.000 euros con Ibercaja, que quedará coa súa casa, logo da presión exercida a través da mobilización ante a entidade financeira.
Galicia perderá uns 13.000 habitantes ao ano na vindeira década
Segundo as proxeccións do INE, en dez anos haberá 130.000 galegos menos e a poboación do país baixará dos 2,6 millóns.
A gran semana do cinema galego en Cineuropa
Este martes preséntase Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas). O mércores é a quenda de A Cicatriz Branca (Margarita Ledo). E o xoves chegará Arraianos (Eloy Enciso).
Piden a retirada dos derradeiros símbolos franquistas de Pontevedra
A Asociación Cultural A Revira presentará un escrito no Concello para demandar o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre rua Michelena
Somos a curta!: 16 retrincos de humor en galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e a Liga Estudantil Galega organizan a segunda edición deste certame audiovisual, que se fallará o 28 de novembro, nunha gala presentada por Carlos Blanco
Domingo en Palestina
O blog Diario de Palestina relata a estraña normalidade coa que se vive un domingo en Belén, a 70 quilómetros de Gaza, baixo o ataque de Israel.
Alberte Mera, novo secretario xeral de Galiza Nova
Vigués, con 25 anos de idade e licenciado en Comunicación Audiovisual, foi responsable dos CAF no campus de Pontevedra. Foi elixido este domingo na XII Asemblea Nacional do colectivo de mocidade do BNG en substitución de Iria Aboi, que non se presentou á reelección.