O naval maniféstase en Vigo antes da gran marcha do sábado
Uns 2.000 traballadores piden apoio á cidadanía para que a vindeira mobilización sexa "un clamor" e censuran a "incompetencia" da Xunta ante os problemas do sector
Avenida Castelao S/N
Unha "alumna indignada" remítenos unha carta na que denuncia a degradación da calidade do ensino na universidade pública por mor dos recortes e critica, en concreto que "varios profesor@s do departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC van perder os seus postos de traballo", polo que outros docentes van ter que ocupar esas horas.
Os irmandiños pisan o freo nas conversas do 'novo proxecto común'
O Encontro Irmandiño desbota pechar acordos con Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas antes do día 15 e aposta por centrar o traballo nas asembleas abertas
O teatro, da universidade á cadea
O Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña ofrece do 8 ao 30 de maio dez obras de grupos afeccionados dos campus de Barcelona, Ferrol, Ourense, Santiago, A Coruña, Vigo e Beira Interior. O texto de Arístides Vargas Nosa Señora das Nubes, dirixida por Rubén Ruibal, representarase o 12 de maio no cárcere de Teixeiro
Maxia ou ciencia?
A Illa de San Simón acolle até o 10 de maio a segunda edición de Neuromagic, un cumio mundial de neurocientíficos e magos para analizar os mecanismos de atención da mente a través dos trucos dos ilusionistas. O Auditorio A Xunqueira de Redondela acolle este mércores unha conferencia-espectáculo de entrada libre.
Comeza a conta atrás: Dez días para o Reperkusión
O festival, que celebra o seu décimo aniversario, ofrecerá do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta dous concertos de Manu Chao, pero presenta outros moitos atractivos: as actuacións de Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina e os espectaculares directos de Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría).
ADEGA denuncia que a Xunta gastou dende xaneiro 42 millóns no vertedoiro de Areosa
Esta cantidade supón o 70% de todos os gastos xerados por SOGAMA, segundo a organización ecoloxista, que afirma que isto vén refrendar "o fracaso do modelo baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de euros"
A fogueira das vaidades
Praza Pública
Todas as desfeitas do país, nunha soa ollada
A Rede de Dereitos Sociais e Galiza non se vende publican o mapa crítico de Galiza 2012, un traballo colaborativo de denuncia e oposición á destrución do territorio que a través dunha completa infografía, amosa os lugares afectados por contaminación, encoros, parques eólicos, especulación urbanística, piscifactorías, asentamentos precarios, monocultivos ou transxénicos.
Causa Galiza chama a defender a "soberanía" no 1 de maio
A plataforma independentista manifesta o seu apoio ao sindicalismo nacionalista contra as "medidas antisociais que se aplican dende Madrid e Bruxelas" e como defensa "da maioría social"
"Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma"
Música e poesía festexaron as Vitaminas para o galego este venres en Compostela.
Pallasos en Rebeldía participa no IX Festival de Cine do Sahara
A delegación, encabezada por Iván Prado, director de Festiclown Palestina, realizará espectáculos de maxia, clown e malabares acompañando a programación do festival, que comeza o 1 de maio no campamento de refuxiados de Dajla.