A Liga Estudantil debate as 'alternativas á crise' no Campus Norte da USC
Entre o martes e o xoves, as facultades de Xornalismo, Filoloxía e Económicas acollerán mesas redondas e conferencias que procuran "na democracia e na consciencia" o impulso para transformar a sociedade. Fermín Bouza, María do Cebreiro, Xaquín Leiceaga, Raúl Asegurado ou os actores Evaristo Calvo e Patricia de Lorenzo participarán nas xornadas, que tamén debaterán a situación da CRTVG ou do audiovisual galego.
Un medio rural "multifuncional e sustentable"
Expertos e activistas debateron en Poio sobre os problemas e ameazas do espazo rural e as propostas e accións para protexelo e dinamizalo. O acto pechouse coa sinatura da Alianza por un medio rural galego vivo”, que queda aberta a adhesións doutras entidades que traballen a prol da reactivación do rural.
Implicadas No Desenvolvemento convoca o certame de artigos xornalísticos ‘Cambia de papel’
No premio organizado pola ONG poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. Praza Pública colabora no certame.
A renuncia do falso horizonte
Praza Pública
Facenda tomba a acusación de Dorribo a Fernando Blanco
Un informe da Axencia Tributaria sobre o patrimonio persoal do ex conselleiro de Industria non atopa proba ningunha do suborno que o presunto líder da trama Campeón aseguraba terlle entregado.
Os medios en galego celebrarán a súa festa o 27 de abril
Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival na Gentalha do Pichel, no que actuará Terbutalina e que comezará cun festival poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar aínda máis a 10 euros. Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas.
As axudas ás industrias culturais descenden por segundo ano consecutivo
As subvencións que concede AGADIC terán un orzamento de 1.290.000 euros en 2012, por 1.370.000 do 2011 e 2.100.000 en 2010. A Axencia tamén convocou este xoves as axudas á produción audiovisual, cunha contía de 2.9 millóns, o mesmo que o ano pasado, pero moi lonxe dos 4.9 millóns de 2010.
O comercio electrónico ábrese paso en Galicia
Este xoves celébrase en Compostela CONECOM, a primera Confererencia sobre Ecommerce en Galicia. O obxectivo é formar e darlles as ferramentas de traballo ás pemes e ás novas iniciativas empresariais para crear un sector competitivo
Os convocantes do paro deste xoves no ensino medio agardan "unha folga masiva"
A Mesa, a Liga Estudantil Galega, os Comités e o Sindicato de Estudantes, co apoio de Esquerda Unida, Galiza Nova e a MNG, chaman á mobilización "para parar os ataques ao galego" e denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.
O BNG esixe "condicionar calquera cambio" da situación accionarial de NGB a unha solución das preferentes
Carlos Aymerich presenta unha proposición non de lei para garantir que os afectados poidan cobrar o 100 % do seu investimento antes de que se resolva o futuro da entidade.
Leo Bassi 1 - Conde Roa 0
Coa dimisión do alcalde compostelán polas súas débedas con Facenda péchanse quince días dun espectáculo que pouco axudou á imaxe da cidade. No especial dedicado a este tema podedes seguir a evolución dos acontecementos, dende a prohibición de que Leo Bassi actuase no Teatro Principal, as revelacións sobre o fraude cometido por Conde Roa ou o acto convocado polo cómico italiano no Obradoiro, que podedes ver neste vídeo.
As propostas de Wert poderían supor a perda de 2.000 empregos de mestres interinos e substitutos, segundo a CIG
O sindicato pediulle á Xunta que non aplique as medidas suxeridas polo Ministerio de Educación, que segundo Anxo Louzao levarían a un aumento do fracaso escolar, ao impedir "unha atención personalizada e individualizada".