Probas de ADN "implican directamente" os dous principais agresores de Samuel Luiz
A xuíza levanta o segredo de sumario da investigación polo crime do mozo que faleceu tras unha brutal malleira hai un mes na Coruña.
A xuíza levanta o segredo de sumario da investigación polo crime do mozo que faleceu tras unha brutal malleira hai un mes na Coruña.
Bala, Baiuca, Ataque Escampe ou Triángulo de Amor Bizarro, no cartel dun Festival Noroeste adaptado ás restricións da pandemia polo que tamén pasarán, do 6 ao 8 de agosto, grupos e artistas como Javiera Mena, Mujeres, Zahara ou Marlango
Ibrahima e Magatte interviñeron asumindo un dobre risco: o da agresión física, mais tamén o de seren identificados como inmigrantes 'ilegais' implicados nun altercado e expoñérense á expulsión
No ano 2004 a Facultade de Ciencias solicitou que se prorrogasen os contratos das investigadoras que se acolleran a baixas de maternidade ou lactación, para evitar que as súas carreiras se visen prexudicadas, unha medida aceptada pola UDC e que dende este martes é oficial a través dunha norma aprobada polo Parlamento
Amigas de Samuel Luiz ratificaron que os dous mozos, de orixe senegalesa, "tentaron afastalo de onde se estaba producindo a agresión, pero eran eles contra unha manda". A Secretaría de Estado de Migracións ratifica que traballa na regularización dos dous mozos para aprobala "nun prazo moi breve" e o delegado do Goberno de España en Galicia sinala o permiso de traballo como posible vía para facelo
A xuíza considera que estas catro persoas poden ser autoras dun delito de "homicidio ou asasinato", o cal será definido no transcurso da instrución. A cuarta imputada maior de idade queda en liberdade, pero con obriga de comparecer no xulgado. A decisión foi adoptada escasas horas despois de dúas novas detencións, de dous varóns menores de idade, aos que a Policía considera tamén autores do crime
As persoas detidas teñen entre 20 e 25 anos e residen na Coruña. A Delegación do Goberno de España en Galicia e a Policía especifican que a operación segue aberta e "non se descartan" máis detencións nas próximas horas
Máis de medio cento de localidades galegas acolleron concentracións de repulsa polo asasinato de Samuel, o mozo que este sábado morreu como consecuencia dunha malleira na Coruña. As entidades LGBT denuncian os feitos como unha agresión homófoba. Falamos con Ana G. Fernández, presidenta de ALAS
O borrador do protocolo que negocian as administracións para os futuros usos dos peiraos coruñeses obvia a condonación da débeda que reclaman Concello e Xunta pero que nega Puertos del Estado. A alcaldesa da cidade séguea o goberno local nega a posibilidade de "privatización" dos peiraos da que alertan Marea, BNG e varias entidades sociais e aposta por vivenda de protección oficial en San Diego. A alcaldesa coida que a condonación da débeda segue sendo "cuestión de vontade política"
"Desexamos que nunca máis chegue a ocorrer outro día tan negro como o que estamos vivindo. Non á violencia", sinala o pai de Samuel cunha mensaxe manuscrita no lugar onde o seu fillo foi vítima da mortal malleira, sobre a que a Policía continúa as pescudas para deter os culpables con interrogatorios e identificacións máis dunha decena de persoas. Este luns, o movemento LGBTI convoca concentracións en múltiplas vilas e cidades
A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (Alas) convoca este luns unha concentración na praza de María Pita e pide “que o odio non quede impune”
O Concello coruñés conmemora cunha exposición os cen anos do izado da bandeira galega que o alcalde republicano Antonio Lens Vieira aprobou a petición do galeguista Lois Peña Novo en aplicación dunha solicitude da III Asemblea Nacionalista, conformada polos persoeiros das Irmandades da Fala no inicio da súa andaina política