Os impagos de nóminas abocan á folga ao persoal das bibliotecas da Coruña xestionadas mediante concesión privada
O persoal denuncia "a falta de previsión económica da adxudicataria, que asumiu un contrato sen viabilidade concursando á baixa e esixe solucións ao Concello, co que se reuniu este venres e que se compromete a procurar "solucións". Marea Atlántica lembra a súa aposta por unificar todas as bibliotecas cun modelo público e o BNG apela á "responsabilidade" do goberno local para que o persoal cobre