Milleiros de persoas secundan na Coruña a esixencia de máis persoal para a sanidade pública
Baixo o lema "sen persoal non hai sanidade", profesionais do CHUAC advirten de que a pandemia "agravou" unha "sobrecarga asistencial" que medra "dende hai anos". Sinalan a "precariedade absoluta, con contratos fraccionados e chamadas dun día para outro" como causa da escaseza de efectivos nas listas de contratación