Comeza o Festival Noroeste cun 45% de mulleres no cartel e un 50% de bandas galegas
Dende este martes 75 artistas e bandas actuarán en 13 escenarios distribuídos por toda a cidade. O pasado ano ao redor de 90.000 persoas asistiron ao Noroeste
Dende este martes 75 artistas e bandas actuarán en 13 escenarios distribuídos por toda a cidade. O pasado ano ao redor de 90.000 persoas asistiron ao Noroeste
O Salón Internacional do Cómic, dirixido por Miguelanxo Prado, bota a andar o luns con Isabel Greenberg, David Sala, Albert Monteys, Tony Sandoval, Antonio Navarro, Jorge Coelho ou o ferrolán Abel Alves entre os e as artistas convidadas.
A entidade remitiu un escrito ao Consello Xeral do Poder Xudicial reclamando o cese da maxistrada, que o pasado mes de maio foi designada como responsable do tribunal especializado da Coruña, un dos dous existentes en Galicia. En 2008 foi sancionada por opoñerse á Lei de Violencia de Xénero
Os sindicatos denuncian que están en xogo un milleiro de empregos dos servizos de mantemento, que pasarían a ser realizados dende Asturias. A CIG pide a implicación das administracións e advirte de que a perda de emprego afecta tamén "a outros servizos, como enxeñería e atención telefónica"
Durante dous anos manterase o 100% dos postos de traballo e a partir de aí está garantida a continuidade de 250 dos 375 empregados da planta herculina, cifra que podería aumentar se o novo propietario recibe un prezo "competitivo" da electricidade, que depende da aprobación do estatuto electrointensivo
Os concertos de Patti Smith, Ketama, Paco Ibáñez e todo o Festival Noroeste combinan co Salón do Cómic e a Feira do Libro, pero tamén coa Batalla Naval, o Teresa Herrera ou a Romaría de Santa Margarita. Un mes para andar de parranda e durmir de pé
A multinacional estadounidense únese a Cabify, que xa opera na cidade herculina dende o pasado ano. En Galicia hai 300 vehículos con licenza VTC, que non poden recoller clientes na rúa, pero que si se poden valer de apps para a contratación inmediata de servizos
O informe encargado polo anterior goberno da Coruña á Academia de Belas Artes certifica o labor histórico da edificación como sede institucional e de cultura ata que o ditador decidiu facerse con ela. Foi escola, casa consistorial e candidata a conservatorio e biblioteca.
O texto da misiva sae á luz e certifica a presunta montaxe do ditador, Barrié de la Maza e as administracións da época para simular unha doazón e ocultar a compra dun ben público. O documento, como no caso do último achado sobre Meirás, torna en clave para a recuperación do inmoble.
A rexedora coruñesa di asistir "impávida" ás dificultades nas negociacións entre PSOE e Podemos para pactar a investidura de Pedro Sánchez. Recomenda "saír á rúa e escoitar a xente" e advirte de que o electorado non entedería ir a unhas novas eleccións e castigaría a esquerda.
A empresa de telecomunicacións e a entidade bancaria anuncian despedimentos tanto nas matrices como en filiais e subcontratas e os sindicatos advirten do "desmantelamento" logo da perda de capital e raizame galega en ambos os dous grupos.
O alcalde de Sada celebra que o Estado presentase por fin a demanda contra os Franco para recuperar as Torres, aínda que no Concello non teñan comunicación oficial, e agradece o labor e esforzo dos colectivos que loitaron pola súa recuperación: "Mudou a percepción social".