Unha semana para que o dedo apunte á lúa
Os museos científicos coruñeses súmanse ás celebracións do 50 aniversario da misión do Apolo XI, que coincide no tempo cun eclipse de lúa visible desde Galicia este martes
Os museos científicos coruñeses súmanse ás celebracións do 50 aniversario da misión do Apolo XI, que coincide no tempo cun eclipse de lúa visible desde Galicia este martes
Xacarandaina fan 40 anos de andaina. E celébrano cun CD recompilatorio de gravacións feitas no 1981, 1990, 2006 e 2018. Un percorrido pola historia da música tradicional galega. Falamos con Quique Peón, director do grupo coruñés, deste disco e da traxectoria de Xacarandaina, a responsable de boa parte das recollas sobre as que se ergueu non só a conservación do baile e a música tradicionais galegos, senón moitas evolucións actuais do folclore cara ao folk
Afeccionados á música da Coruña e de toda Galicia choran a perda do propietario da emblemática tenda do centro da cidade, que leva case 40 anos sendo parada obrigada de melómanos.
Na inauguración da senda peonil de Montrove ás Pedreiras, concibida para que a veciñanza poida "desprazarse sen necesidade de coller o coche", Feijóo avanzou un novo programa de axudas á compra de coches, que oscilarán dos 500 aos 750 euros
As negociacións estiveron a piques de descarrilar, pero de madrugada chegou o acordo : o "prazo de execución da venda" fica ampliado ata o 31 de xullo, límite para que Parter presente as súas garantías financeiras. O Ministerio cre que o pacto "pecha o círculo" e asegura o mantemento do 100% do emprego
O pacto de socialistas e Marea para 2019 e 2020 contempla a creación dunha "comisión especial" que "revise" os convenios de 2004 sobre o futuro dos terreos portuarios e a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos
O alcalde socialista das Pontes foi reelixido na Deputación coruñesa cos votos a prol de PSdeG, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños. Encabeza un goberno de coalición distribuído en nove áreas que terá como vicepresidente o nacionalista Xosé Regueira
Este venres pola tarde, a 48 horas de vencer o prazo dado para completar a venda, a multinacional paralizou o proceso ao non confiar nas "garantías financeiras" achegadas por Parter. Os traballadores conseguen unha semana máis de tempo para atopar unha solución que garanta o mantemento dos empregos
A oferta do fondo suízo Parter Capital inclúe a garantía do mantemento de dous terzos do persoal da planta da Coruña, que se pode elevar se hai unha rebaixa no prezo da luz. A ministra de Industria, Reyes Maroto, afirma que o estatuto electrointensivo será aprobado cando se forme Goberno.
O pacto, que non implica a entrada do Bloque no goberno, contempla medidas en materias como transporte e vivenda e aposta polo consorcio para a fachada portuaria mantendo "sempre a titularidade pública" dos terreos. Os socialistas continúan as conversas coa Marea, que pide maior "concreción" nas propostas para pechar un acordo
As comisións polas vendas que o persoal consegue para a compañía de telecomunicacións redúcense ata nun 50%, en paralelo co terceiro incremento dos prezos aos clientes no que vai do ano. A subcontrata conta con 700 traballadoras na Coruña, con salarios base moi reducidos.
O Ministerio de Industria expón este martes aos gobernos galego e asturiano a oferta do fondo de investimento que di ter interese en quedar coa factoría; o persoal reclama sentar nesa mesa