A Coruña
O pleno municipal da Coruña aproba por unanimidade iniciar accións legais para recuperar a Casa Cornide
A moción presentada polo BNG e apoiada polo resto dos grupos reclama que o Concello acuda aos tribunais para recuperar a titularidade do inmoble, que foi "espoliado" pola familia Franco. A iniciativa tamén insta ao Goberno local a participar no recurso do Pazo de Meirás
A Universidade da Coruña cancela unhas xornadas sobre prostitución por "non poder garantir a seguridade do debate"
"O forte rexeitamento, fustigación e crueldade que estamos a sufrir, as falsas informacións e os comentarios recibidos fannos prever a imposibilidade de garantir a seguridade do debate nin a súa calidade académica", subliña a UDC para explicar a cancelación das 'Xornadas sobre Traballo Sexual', que ía acoller a Facultade de Socioloxía os días 19 e 20 de setembro
A incerteza arredor de R: entre a “deslocalización” e a “reorganización”
Mentres persoal e sindicatos acusan a empresa de prescindir de subcontratas galegas e levar o traballo fóra do país, a compañía recoñece algún cambio de provedor pero advirte de novas oportunidades para firmas galegas
Os sete anos nos que A Coruña tivo o monopolio do comercio con oriente
En 1522 o rei Carlos I autorizou a creación na cidade da Casa de Contratación, que controlaría o comercio das especias con Asia. Da Coruña saíron expedicións na procura de mellores rutas coas Molucas. Porén, en 1529 España renunciou a este comercio e a Casa da Especiería pechou antes de chegar a existir.
Máis de 100.000 persoas asistiron aos concertos do Noroeste, distribuídos por toda A Coruña
A actuación que o venres ofreceu Patty Smith na Praia de Riazor foi a de maior asistencia de todo o festival, pero tamén destacou a crecente aposta polo Mercado da Colleita, polo que pasaron máis de 20.000 persoas nos seus dous días de celebración
Unha concentración reclama na Coruña o “dereito ao refuxio” máis alá do Open Arms, xa en augas italianas
Un tribunal revogou a decisión do Goberno de Italia de prohibir ao barco con 146 rescatados achegarse ás súas costas, pero o buque agarda polo permiso de desembarco
Unha concentración na Coruña reclama "portos seguros" para os refuxiados rescatados no Mediterráneo
Máis dunha ducia de organizacións pedirá este mércores na Subdelegación do Goberno que as 245 persoas rescatadas en alta mar polos buques 'Open Arms' e 'Ocean Viking' poidan acceder a un porto seguro, polo de agora denegado polos Executivos europeos
O Concello da Coruña renuncia a remunicipalizar as bibliotecas
O novo goberno local desbota a xestión directa de cinco centros, como tiña previsto o anterior executivo, para "cumprir coa legalidade" e "garantir" o emprego. A Marea Atlántica acusa o PSOE de "falta de valentía política" e de "renunciar a defender o público".
"Está moi ben que haxa mulleres nos carteis, pero a igualdade debe chegar ao resto de traballadoras dos festivais"
As biscaíñas Belako son o concerto estrela deste sábado no Festival Noroeste da Coruña. A formación levará á praia de Riazor os sons escuros do seu post-punk, que combina o inglés e o euskera nas súas letras
Inhabilitado oito anos por prevaricación o alcalde socialista de Cerceda por iniciar unha obra antes de adxudicala
García Lorca regresa a Galicia pola feira do libro da Coruña
A primeira edición dos 'Seis poemas galegos' de García Lorca saíu do prelo de Ánxel Casal apenas oito meses antes de que os franquistas os asasinasen a ambos. Alvarellos reedítaa nunha edición facsimilar que ademais recompila as fotografías do poeta en varias localidades galegas