Os Franco abren a Casa Cornide ao público o mínimo legal tras anos de insubmisión
Os herdeiros do ditador habilitan unha web para reservar visitas ao histórico inmoble da Cidade Vella da Coruña, unicamente os luns e cun máximo de vinte persoas.
Os herdeiros do ditador habilitan unha web para reservar visitas ao histórico inmoble da Cidade Vella da Coruña, unicamente os luns e cun máximo de vinte persoas.
A medida permitirá frear os prezos dos alugueiros e outorgar vantaxes fiscais aos arrendadores, e leva aparellado un plan co que o Concello prevé construír mil vivendas protexidas, axudas á rehabilitación e mobilizar pisos baleiros.
Rosa Cedrón será a pregoeira dos festexos coruñeses, que se prolongan todo agosto. Citas tradicionais coma o Festival Noroeste, a Romaría de Santa Margarida ou Viñetas desde o Atlántico debullarán cadanseus programas en días vindeiros para "o mes no que sae toda esa efervescencia festeira que temos na cidade", sinala Inés Rey
En 1522 Carlos I concedeulle ao porto coruñés o monopolio do comercio con Asia, como Sevilla o tiña con América. A decisión non tivo impacto real, pois só durou ata 1529, pero neses anos a cidade encheuse de navegantes e cartógrafos e dela partiron dúas importantes expedicións. A dirixida por García Jofre de Loaísa, con sete buques e 450 homes, chegou ás illas Molucas 15 meses despois, pero foi derrotada entre múltiples calamidades. Os poucos superviventes regresaron á Península en 1536 completando así a segunda circunnavegación ao planeta.
De Vacas, Lisdexia, Monolius Dop, Zënzar, The Rapants, Carlos Núñez, Ortiga, Sés, Alana ou Tanxugueiras serán algúns dos atractivos musicais dun evento que volverá contar cun gran espectáculo de monólogos e actuacións para todas as idades e que incorpora o Monte Xalo como novo escenario.
A Universidade aproba o inicio do expediente para ter a nova titulación en 2027 e o Goberno galego responde advertindo dos seus "argumentos débiles" e acusándoa de actuar "fóra dos marcos de consenso".
BiciCoruña volve bater marcas e asenta o uso da bicicleta pública na cidade cando se fan 16 anos da súa posta en marcha, con seis veces máis persoas usuarias que daquela. O pasado mes de xuño roldou as 165.000 viaxes, chegando a superarse as 7.000 nun só día.
A proposta do BNG para substituír no rueiro a Eduardo Sanjurjo pola histórica banda bravú sae adiante cos votos socialistas e nacionalistas e o "non" do PP. PSdeG e Bloque destacan a achega dos 'Diplos' á música galega e á "Coruña dos barrios" cunha iniciativa que sinala a necesidade de cumprir coa Lei de Memoria Histórica. Os populares afean que pretendan "borrar a historia"
Malia que as toneladas de desperdicios nas praias seguen a baixar —13 menos que o ano pasado e cinco veces menos que hai unha década—, a alcaldesa, Inés Rey, advirte de futuras actuacións para evitar "unha imaxe que non casa coa cidade que construímos: amable e respectuosa co medio ambiente".
Aquí Tamén Se Fala e o edil de Cultura, Gonzalo Castro, descobren as novas placas da vía dedicada ao Deportivo, que mantiñan o topónimo deturpado desde 2012. O cambio na denominación da rúa chega no medio da intensa campaña a prol da mudanza no nome oficial do club, ao que aprema agora a administración local.
A iniciativa de dinamización lingüística impulsada polo IES Rafael Dieste da Coruña consolida o éxito do seu certame musical en galego, que volveu encher a Praza da Tolerancia. O alumnado tomará agora o control do proxecto fotográfico O Novo Normal para unha iniciativa a prol do topónimo oficial no Deportivo.
O agresor asestou varias puñaladas á falecida pouco despois das 6.30 horas da mañá. A Policía acudiu pouco despois e detivo de inmediato o home no propio inmoble. Activouse o protocolo VioGén por un posible caso de violencia de xénero, pois segundo varias fontes asasino e asasinada eran ou foran parella, un dato aínda non confirmado polas autoridades. Trataríase así do terceiro asasinato por violencia de xénero en Galicia este ano.