A Deputación da Coruña recoñece oito proxectos de Igualdade cos premios Luísa Villalta
Os galardóns apoian con 12.500 euross oito propostas van das artes escénicas ao cinema, a historiografía, a promoción da lectura ou a fotografía
Os galardóns apoian con 12.500 euross oito propostas van das artes escénicas ao cinema, a historiografía, a promoción da lectura ou a fotografía
O informe no que a Academia analiza as cifras do IGE advirte do "declive cada vez máis pronunciado do galego" pero abre unha porta á esperanza e sinala que grazas ao "sólido compromiso de sectores significativos da cidadanía galega" a actual tendencia negativa é "reversible". O documento pon o foco na necesidade dun cambio do modelo educativo
Tras esta paralización e os seguintes pasos pendentes, os resultados das dúas primeiras fases do estudo non estarán ata cando menos finais de 2026
Falamos con catro docentes interinas e substitutas sobre a situación que vive este colectivo, suxeito á inestabilidade e á incerteza e que, por exemplo, non cobra os meses de verán aínda que traballara durante todo o curso. Relatan un día a día con dificultades para a conciliación, afeccións de saúde mental ou problemas no acceso á vivenda e reclaman accións da Consellaría de Educación para a dotación de máis prazas e a estabilización do persoal de cara á mellora da calidade do ensino.
A Real Academia Galega (RAG) vén de publicar un informe sobre a situación da lingua galega e unha declaración institucional na que sinala o Goberno galego como principal responsable da caída no uso da lingua galega, tal e como reflicten os últimos datos do Institito Galego de Estatística (IGE). A institución presidida por Víctor Freixanes, que onte celebrou un plenario, pon o foco na aplicación do chamado decreto de plurilingüismo de 2010 que diminuíu a presenza do galego no ensino e defende un Pacto pola Lingua Galega que implica o conxunto da sociedade.
No ano 2020 naceu en Vigo unha iniciativa moi simple: xuntarse para falar en galego. O éxito levou os faladoiros a converterse nunha asociación que con diversas iniciativas busca "visibilizar" que na cidade "fálase galego, e moito". Dende hai uns meses, ademais, colaboran na organización de cursos de galego para estranxeiras, unha iniciativa do Sindicato de Traballadoras do Fogar e Coidados (Sintrahocu), cuxas afiliadas querían "comunicarse mellor coas persoas anciás que atenden". Falamos con Irene Romero (Faladoiros Vigo) e Elisabeth Matute (Sintrahocu)
Galicia gañou 7.166 habitantes o pasado ano, mais ese incremento repartiuse de maneira moi desequilibrada. As cidades gañaron case seis mil residentes, pero 199 concellos perderon poboación. Vigo (293.977) continúa lonxe da arelada cifra dos 300.000 habitantes e tampouco Lugo (99.482) nin Santiago (99.536) chegan este ano aos 100.000. Mentres, Ferrol rexistra o primeiro aumento de poboación en tres décadas.
A cidade naval é unha das 18 localidades de todo o Estado que aínda non comezou o proceso. En Galicia tan só Pontevedra e A Coruña contan cunha Zona de Baixas Emisións, mentres que Vigo, Ourense, Lugo e Santiago esperan comezar a aplicala nos vindeiros meses