Queres ir recoller 'pellets' ás praias? Velaquí as recomendacións para non provocar danos ao ecosistema
Nos últimos días centos de voluntarios e voluntarias están achegándose ao litoral para participar na recollida dos residuos plásticos. Grupos ecoloxistas difunden unha serie de consellos: acudir nun grupo coordinado con organizacións ambientais e informar os concellos, non escavar a area (só limpar a superficie), non retirar elementos naturais (cunchas, algas...) e ter coidado coa vexetación dunar.