Acontece
            
        
    
    A Coruña declara a emerxencia sanitaria polo conflito do lixo e contratará unha nova empresa para recoller os residuos
Nos últimos seis días foron queimados varios camións de recollida do lixo, que tamén sufriron outro tipo de sabotaxes. Tamén arderon contedores e toneladas de residuos se acumulan nas rúas. Tragsa ocuparase da recollida a partir deste martes, uns traballos que deberán ser pagados polas actuais empresas concesionarias ás que o Concello acusa de incumprir os seus contratos.
            A vella bota
Antonio Gregorio
        
    
    - Reportaxe
 - Acontece
 
As mulleres do mar, en terra: "Na rúa non chorabas, chorabas na casa sen que te visen os fillos"
Fina Delgado e Isabel Cruz son mulleres do mar de Marín, pero das que quedan en terra. Pasaron de despedir os seus pais e maridos, que marchaban en barcos de madeira, a mandarlle mensaxes aos seus fillos para comprobar se seguen ben
        
    
    A falta de formación no Sergas para aplicar a lei de eutanasia atranca a petición dun home de 90 anos
O colectivo Dereito a Morrer Dignamente Galicia fai público o "maltrato" por parte do Sergas a un ancián da Coruña que ten expresado o seu desexo de pór fin á súa vida con axuda médica e reclama formación para aplicar este novo dereito fundamental
            Horticultura probable
Óscar Antón Pérez García
            O cárcere da Torre: 30 millóns de excusas
Antonio Galán Fuentes
        
    
    Fálase | Trinta anos en Terranova e Feijóo a Madrid
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por David Lombao.
        
    
    O carballo do Banquete de Conxo inicia en segunda posición a semana decisiva das votacións para ser árbore europea do ano
Centros de ensino e persoeiros da cultura están a mobilizarse para apoiar a árbore compostelá nunha votación que finaliza o 28 de febreiro e que incluirá a plantación de máis de 100.000 exemplares de especies autóctonas en Santiago.
            Celadores, satélites e libros raros
Manuel Vázquez
        
    
    O 70% das enfermeiras eventuais do Sergas pensou en abandonar a profesión pola precariedade que sofre
O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita publica unha enquisa na que pon de manifesto a acumulación de contratos, pois o 62% tivo máis de 100 na súa vida laboral, e a dobre penalización das mulleres ao ser nais posto que o 41% afirma que non puido acollerse ás horas de lactancia
        
    
    Os delitos contra a liberdade sexual acadan o seu máximo en Galicia na última década, con 81 violacións investigadas pola Policía
Este tipo de infracción penal leva anos en ascenso e son un dos poucos delitos que incrementa a súa frecuencia con respecto ao ano 2019. Furtos, roubos en domicilios e roubos con violencia descenden con respecto ao ano anterior á pandemia, mentres que aumentan as estafas telemáticas.