Un terzo da poboación galega respirou o pasado ano aire contaminado que incumpre os estándares legais da UE para o 2030
O factor esencial para explicar a repunta da contaminación atmosférica durante 2022 é a recuperación da mobilidade motorizada e da actividade económica previas á pandemia da COVID-19, explica Ecoloxistas en Acción, que insta a "diminuír o tráfico motorizado" nas cidades galegas