Así funciona o novo sistema da A-8 contra a néboa no Fiouco
As balizas detectan o avance dos vehículos e ilumínanse en vermello ao seu paso e quedan en laranxa cando xa hai suficiente marxe de seguridade para o vehículo posterior
As balizas detectan o avance dos vehículos e ilumínanse en vermello ao seu paso e quedan en laranxa cando xa hai suficiente marxe de seguridade para o vehículo posterior
O economista Julen Bollain presentou a pasada semana na Coruña, Compostela e Vigo o seu libro 'La Renta Básica: una herramienta de futuro'. Na obra chama a defender unha renda básica financiada por unha gran reforma fiscal "con optimismo, como unha alternativa viable e de futuro que pode permitir cambiar a sociedade a mellor"
A principal diferenza a respecto de hai un ano, cando a incidencia era catro veces menor, é que case o 90% da poboación galega está vacinada. Ademais, a OMS subliña que a variante ómicron semella "causar unha doenza moito menos grave". A incidencia acumulada decae nas sete áreas sanitarias e un terzo da mocidade de 20 a 29 anos, no último grupo incorporado á vacinación de reforzo, xa ten a terceira dose
O tremor, que foi acompañado doutros de menor intensidade, sentiuse no Barbanza, no Salnés, a Costa da Morte e tamén en Pontevedra e Compostela. O epicentro estivo situado na Costa Atlántica, a uns 30 quilómetros de Ribeira.
O xuíz conclúe que a "única perspectiva a ponderar" é a "maior protección da menor" e autoriza a vacinala porque "os beneficios" son "superiores" aos eventuais riscos. A incidencia acumulada da COVID descende actualmente en todos os grupos de idade en Galicia agás en menores de 12 anos e as primeiras doses da vacina pediátrica chegan xa ao 80% das nenas e nenos de 5 a 11 anos
A investigación oficial pide á Armada unha auditoría do seu buque Intermares tras non poder entrevistar ao oficial de garda no momento do choque co pesqueiro Romo Dos, cuxos dous tripulantes foron rescatados ilesos
Este "desmantelamento das rendas mínimas" levouse a cabo "coa coartada do Ingreso Mínimo Vital", denuncia a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que acusa a Galicia e outras comunidades de "facer caixa en lugar de orientar o orzamento á garantía do dereito á inserción reforzando os servizos sociais para a loita contra a exclusión"