
Catro xornadas de debate afondan no marco legal das instalacións eólicas e na posibilidade dunha tarifa eléctrica galega
O Observatorio Eólico de Galicia organiza en xullo unha serie de encontros de información e debate no que persoas expertas analizarán o marco xurídico do actual desenvolvemento do sector eólico no país na procura dunha sociedade "enerxeticamente sustentable" que mellore os aspectos sociais, económicos e ambientais