Agosto foi o segundo mes da historia que Galicia recibiu máis visitantes
A Costa da Morte e A Mariña superaron os seus récords de viaxeiros e pernoctacións e as Rías Baixas e Rías Altas practicamente igualaron os datos previos á pandemia. Despois dun xullo e agosto moi positivos, o sector confía en repetir os resultados en setembro e no outono.