Acontece
Caravana reivindicativa na AP-9 para reclamar un servizo de transporte público "digno" na comarca de Ferrol
A plataforma Transporte Digno para Ferrol e Comarca reclama “máis frecuencias, mellores horarios e máis prazas” nos autobuses metropolitanos
- Entrevista | José Gómez Alén 50 anos 10M 1972
- Acontece Vigo
"A conciencia democrática e as loitas obreiras da Transición estiveron alimentadas polos 15 días de folga xeral de Vigo"
En setembro de 1972 máis de 25.000 traballadores de Vigo e a súa comarca levaron a cabo durante 15 días unha folga xeral que desafiou ao franquismo, tivo un grande impacto posterior e que se converteu nunha das máis importantes levadas a cabo no Estado ao longo de toda a ditadura. Porén, hoxe o seu recoñecemento segue moi lonxe do que esta mobilización merecería. Falamos co historiador José Gómez Alén
Retirar-se da vida com Kamo no Chomei
Joám Lopes Facal
“Ollo nace para dar valor ao fotoxornalismo e documentar temas que non se tratan da maneira axeitada"
Vén de nacer Ollo, un colectivo de fotoxornalistas e de persoas vencelladas ao documentalismo gráfico e videográfico e á xestión cultural en Galicia que se presenta na revista 5W co proxecto Lumes, resultado de 15 anos de imaxes e experiencias ao redor da problemática dos incendios no país. Falamos con Vanessa Casteleiro
Un estudo constata un problema de polución e contaminación acústica provocado polo tráfico en Vigo
Greenpeace e Ecoloxistas en Acción presentaron un informe realizado en base ás medicións obtidas en 11 puntos distintos da cidade. Os datos "corroboran a necesidade de adoptar medidas inmediatas de pacificación e redución do tráfico rodado na cidade de Vigo", sinalan
🔊Fálase | A conciliación é mentira e historias da mocidade de Lugo
No primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en Lugo a través de moitas historias da súa xente moza
Só Murcia ten menos enfermeiras por habitante que Galicia, que precisaría 8.300 para chegar á media da UE
É a segunda peor comunidade en canto a número de profesionais e Lugo, a peor provincia do Estado, segundo un informe do Consello Xeral de Colexios de Enfermaría.
A supresión de 11 prazas docentes no IES Punta Candieira mobiliza a Cedeira polo mantemento da calidade educativa
Este luns, despois dun peche de dous días no centro, a plataforma que agrupa a profesorado, alumnado e familias, entregou no concello máis de dúas mil sinaturas contra o recorte, que dan continuidade a tres semanas de mobilizacións na vila
"Existía un perigo previsible" que Adif non evitou: o seguro de Renfe presenta outra peritaxe de Angrois a días de comezar o xuízo
“A posibilidade dun accidente era dun descarrilamento cada ano”, insiste un informe encargado pola aseguradora, interesada en que Adif comparta responsabilidades co maquinista para repartir as indemnizacións ás vítimas
Sindicalistas condenados
Francisco Xavier Redondo Abal
Comeza o xuízo de Rafael Pillado contra Navantia pola responsabilidade da antiga Bazán no uso do amianto
En febreiro o histórico sindicalista fixo público que padece un cancro mortal cunha esperanza de vida media dun ano, producido polo seu contacto co amianto durante as décadas que traballou no estaleiro. Pillado encabezou a loita dos traballadores ferroláns para que se recoñecese esta enfermidade profesional, que agora tamén sofre.