![](https://praza.gal/media/cache/opinion_article_author_thumbnail/uploads/foto-689cb30.jpeg)
Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
A mellora da pandemia de coronavirus estáncase en Galicia, que detecta o mesmo número de casos que hai unha semana
O número de positivos de coronavirus diagnosticados dos últimos sete días (3.701) en Galicia foi superior ao rexistrado nos sete días anteriores (3.543).
- Mapa interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta accede finalmente a publicar os casos de coronavirus por concellos e suprime o seu 'semáforo' de alertas
As localidades cunha maior incidencia nos últimos 14 días son Beariz, Cabana de Bergantiños, Mos, Vilalba, Coristanco e Malpica de Bergantiños, todas por riba dos mil casos por cada 100.000 habitantes. Vigo (con 365) é a urbe cunha maior incidencia. 54 concellos non tiveron ningún positivo nas últimas dúas semanas
- Datos Coronavirus
- Acontece
A segunda onda da pandemia de COVID supera as 500 mortes en Galicia mentres segue o lento descenso do número de contaxios
O número de mortes na segunda onda (513) achégase xa ás rexistradas na primeira onda da pandemia (619). A situación epidemiolóxica en Galicia segue a mellorar, pero faino dende hai varios días a un ritmo moi lento. A incidencia a 7 días apenas variou na última semana (pasou de 135,28 a 132,96). Descende o número de pacientes con coronavirus nos hospitais galegos.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A mellora da pandemia de COVID frea en Galicia, con lentos descensos na incidencia e nas hospitalizacións
O número medio de casos nos últimos sete días (517) foi lixeiramente superior ao da semana anterior (515), o que podería indicar un cambio de tendencia. O número de pacientes hospitalizados segue á baixa, pero mantense a suma de mortes provocadas pola enfermidade, que chegan ás 500 na segunda onda da pandemia.
Os cazadores galegos poderán ignorar as restricións de mobilidade e reunión pola COVID cando persigan lobos e xabaríns
A Consellería de Medio Ambiente publicou unha nova excepción ás medidas en vigor en case 70 concellos, que non se aplicarán aos cazadores cando vaian detrás destas dúas especies. Nos últimos días unha celebración de cazadores nun restaurante de Sarria provocou un gromo de importancia, que elevou a incidencia do coronavirus neste concello ata o nivel máximo declarado pola Xunta.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suba da incidencia da COVID na área sanitaria de Vigo reforza o freo á mellora da pandemia en Galicia
O Sergas suma 686 novos casos en vinte e catro horas, a cifra máis alta en case dúas semanas, dos que 280 corresponden á área de Vigo, e computa outras 15 mortes de persoas contaxiadas da COVID-19. Un forte brote na residencia Asilo de Vilalba, agora intervida pola Xunta, suma 114 positivos entre residentes e outros 18 entre o persoal
40.000 persoas traballan na dependencia en Galicia, con salarios baixos e condicións precarias empeoradas pola COVID
CC.OO. esixe un "plan de choque" para mellorar a atención á dependencia e a situación das traballadoras e pide un reforzo da iniciativa pública no sector das residencias de maiores, nas que o 77% das prazas son privadas. O sindicato demanda de Política Social unha mellora da inspección que realiza nestes centros
- Datos Coronavirus
- Acontece
Frea o descenso de novos casos do coronavirus en Galicia mentres o Sergas agarda polo alivio nas UCI
A media diaria de diagnósticos rolda os 500 mentres Sanidade admite que as melloras dos últimos días aínda non teñen "impacto claro" nos hospitais e pide "cumprir" as restricións porque "senón, a curva pode erguerse de novo". A incidencia acumulada sitúase na contorna dos 292 casos e Sanidade sinala datos "preocupantes" en Vigo e Lugo
Greenpeace advirte "acoso" de Coren ao labrego da Limia ao que demanda 1 millón de euros
O grupo ourensán interpuxo unha demanda a Manuel García por unhas declaracións nas que denunciaba a contaminación dos acuíferos na Limia. A asociación ecoloxista elabora un detallado informe sobre o seu caso.
A Xunta promete "un novo modelo" de residencias mentres o xeriátrico de Salvaterra suma xa máis de 20 mortes
As residencias galegas suman 472 defuncións ligadas á Covid-19, 192 delas dende o mes de agosto. A CIG concéntrase ante o centro de maiores de Salvaterra esixindo que se "depuren responsabilidades", mentres unha asociación de residencias privadas reacciona acusando as voces críticas de "aproveitar a situación" para defender o modelo público.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta asigna os 7,3 millóns de euros de subvención extra ao ensino concertado para gastos do coronavirus
A subvención extraordinaria súmase á contemplada nos propios concertos educativos e está encamiñada a financiar contratacións adicionais de profesorado, mercar material e adaptar espazos ás restricións do coronavirus. Dous colexios da Coruña, un de Santiago e outro de Ourense son os que reciben maiores cantidades desta achega, que chega a 227 colexios concertados