Acontece
Milleiros de persoas claman en Vilagarcía contra os recortes sanitarios e o abandono da Atención Primaria
Unhas seis mil persoas manifestáronse convocadas por SOS Sanidade Pública, nunha das marchas máis multitudinarias dos últimos anos na comarca. Denúnciase especialmente a falta de profesionais nos centros de saúde e PACs e a carencia de ambulancias.
- Datos
- Acontece
Os coches non son para as cidades: o número de turismos matriculados nas urbes estáncase, mentres segue a medrar no rural
As zonas urbanas, con mellores servizos de transporte colectivo, teñen moitos menos coches por habitante que as zonas rurais. Ademais, cada ano matricúlanse menos vehículos, especialmente nas cidades, mentres que nos concellos menos poboados o parque automobilístico segue a medrar de forma importante.
Cinco anos da vaga na que Galicia bateu cos novos incendios: incontrolables e máis perigosos
Naquela fin de semana de outubro de 2017, as lapas queimaran case 50.000 hectáreas, máis das que arderon neste verán, o peor desde 2006. Desde aquela, os avisos sobre a virulencia e as graves consecuencias dos novos fogos, impulsados polo efecto do cambio climático e o abandono rural, son constantes.
Perigo: pandeiretas en acción
Lucía Rodríguez
A Fiscalía investiga se a Xunta puxo todos os medios necesarios na loita contra a vaga de incendios do verán
A denuncia da plataforma Por un Monte Galego con Futuro argumenta que os traballos de prevención non se completaron, que non se activara o operativo de máximo risco nin medidas complementarias ou que se obviaron os indicadores de risco.
As denuncias por violencia de xénero superan o seu máximo histórico en Galicia no primeiro semestre
No segundo trimestre presentáronse 1.813, a cifra máis elevada dende que hai rexistros. Entre o primeiro semestre de 2015 e o primeiro semestre de 2022 o número de denuncias aumentou un 35%
Galicia encadea sete meses de alertas pola seca, cos encoros preto do seu nivel máis baixo en décadas
Os encoros galegos atópanse ao redor do 47% da súa capacidade total e levan máis dun ano por debaixo do 60%. As previsións indican que as desexadas precipitacións non chegarán nas vindeiras semanas, polo que se reiteran as peticións públicas para un aforro no uso da auga para evitar restricións futuras.
A saúde que nos negan
Óscar Antón Pérez García
O impacto de Galicia no clima global resumido nunha gráfica
Xosé Veiras
Un informe alerta das "malas condicións" dos pisos que se alugan a estudantes en Galicia
O Colexio Oficial de Administradores de Fincas defende que os pisos deben "estar aptos para o seu uso", ter "unhas condicións mínimas de habitabilidade" e dispor "de instalacións seguras e actualizadas de gas, electricidade e auga" e fai fincapé en que o colectivo "goza dos mesmos dereitos que calquera arrendatario"
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
Ao límite no hospital de Santiago: profesionais de Medicina Interna claman por máis persoal para garantir a asistencia
Os internistas critican que "o Servizo de Medicina Interna do CHUS ten na actualidade o menor ratio de internistas por 100.000 habitantes de todos os hospitais do terceiro nivel do Sergas"