
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta levanta o peche de Galicia pola COVID e mantén perimetrados e con toque de recollida os concellos en nivel máximo
Os bares poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata a 1 da madrugada, pero Feijóo quere que a xustiza lle permita prohibir reunións de non conviventes a partir desa hora. Tras a lixeira tendencia ascendente posterior á Semana Santa, os indicadores epidemiolóxicos volven tender ao acougo, cunha media duns 170 casos novos por xornada nos últimos sete días