Acontece
A Xunta insiste en advertir da "grave" seca, que ten os encoros a piques de baixar do 50% de capacidade
A reserva hídrica en Galicia está agora case 15 puntos por baixo da media da última década, no 50,16%.
As axudas da RISGA caen un 20% no 2021 malia o aumento de solicitudes e entre críticas á Xunta pola incompatibilidade co IMV
O número de beneficiarios da Renda de Inclusión Social de Galicia descendeu dende as 9.020 ata os 7.211, a pesar de que as solicitudes medraron un 2%. A incompatibilidade entre a Risga e o IMV, debido á falta de actualización da lei galega de inclusión, dificultou a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital.
O peor verán dos últimos quince anos: os incendios queiman máis de 43.000 hectáreas en mes e medio
Os últimos fogos elevan a superficie arrasada en agosto a máis de 9.000, tras quedar extinguido o que calcinou 625 no Xurés. Dez dos focos viraron en Grandes Incendios Forestais (GIF), dous deles os maiores da historia en Galicia.
As chamadas ao número 016 de atención a vítimas de violencia machista aumentan un 20% en Galicia no que vai de ano
De xaneiro a xuño rexistráronse máis de dúas mil comunicacións de posibles casos de violencia contra mulleres, unha cifra nunca acadada no primeiro semestre. O mes de xuño foi o segundo con máis chamadas pertinentes na historia, un 73% realizadas polas propias vítimas.
Transporte, turismo, tendencia... Á beira da terra baleirada
Antonio Gregorio
O incendio no Xurés eleva a case 9.000 as hectáreas ardidas en Galicia en agosto, o dobre que en 2021
O lume en Lobeira, que afecta o parque natural, suma máis superficie ardida polos fogos neste verán: unhas 43.000.
O reinicio das obras en San Pedro de Rocas, investigadas pola Fiscalía, destrúe muros e camiños históricos
Os traballos provocan un dano irreversible nun espazo protexido pola declaración BIC do Coto do mosteiro, denuncian entidades sociais, que chaman a mobilizarse para evitar novas actuacións, que só buscan "beneficiar un turismo mal entendido, non respectuoso co lugar, invasivo e masivo".
As candorcas suman 26 interaccións con veleiros na costa galega no mes de agosto
Entidades como CEMMA lembran que os animais non "atacan" os barcos e recomenda deter as embarcacións, retirar as mans do temón e evitar navegar de noite. A súa presenza no litoral galego, que o ano pasado fora máis habitual nos meses de setembro e outubro, adiantouse nesta ocasión
Incompetencia ou extratexia?
Xosé Mª Dios Diz
Áreas de 25 concellos accederán ás axudas que supón a declaración de zona catastrófica polos incendios
A declaración da zona catastrófica e a posibilidade de acceder ás axudas inclúe todas as persoas e negocios que se visen afectados por eses 20 incendios, estean no concello que estean
Un só médico para atender un concello rural e avellentado: a falta de persoal non só se agrava nas vilas turísticas
Abadín leva todo o verán cun único profesional no seu centro de saúde en lugar dos tres habituais. A veciñanza organízase para denunciar o "serio perigo" que corre a atención nun municipio onde máis do 40% da poboación pasa dos 65 anos.