
Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia despide abril cuns 180 casos diarios da COVID e a poboación maior de 80 a piques da vacinación completa
Abril finaliza con algo máis de 5.100 casos novos da COVID-19 detectados en Galicia; en marzo foran uns 4.600 e en febreiro, máis de 14.000. As áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés seguen rexistrando as incidencias máis elevadas do virus. Máis dun terzo da poboación galega recibiu cando menos unha dose de vacina, uns cinco puntos máis que a media estatal polo maior peso das persoas maiores de 80
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID segue estable en Galicia malia aos novos focos locais que propician máis restricións da Xunta
O Sergas suma 211 novos casos da COVID e a incidencia acumulada a 14 días mantense un chisco por baixo dos 100 casos novos por cada cen mil habitantes. Tras dúas semanas sen ningún caso en residencias, Sanidade confirma un gromo de 8 positivos no centro DomusVi Chantada. O feito de que as 6 persoas residentes que deron positivo estean vacinadas favorece que permanezan asintomáticas
O Sergas, condenado polo dano neurolóxico sufrido por unha muller tras unha incorrecta aplicación da epidural
O TSXG ordena indemnizar con 70.000 euros á vítima, que no ano 2013 pariu no Complexo Hospitalario de Santiago, e que posteriormente sufriu o denominado 'síndrome de cola de cabalo', un dano neurolóxico nun grupo de nervios que determina a sensación e o funcionamento da vexiga, intestinos e pernas
A contorna da Illa de Sálvora deixa de ser un punto de vertido de residuos procedentes de dragaxes
O Ministerio de Transición Ecolóxica clausura de forma temporal este depósito de áridos, aberto no ano 1998 e que vén xerando as críticas de grupos ecoloxistas e dos mariscadores e pescadores da Ría de Arousa, que alertaban contra os prexuízos provocados neste lugar, situado a dúas millas de Sálvora, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un terzo da 'poboación diana' xa recibiu en Galicia cando menos unha dose de vacina contra a COVID
Oito de cada dez persoas maiores de 80 anos xa completaron a pauta da vacina. O Sergas rexistra 230 casos novos do coronavirus nun contexto de relativa estabilidade da incidencia acumulada, que a catorce días se achega aos 100 casos novos por cada cen mil habitantes
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID estáncase en Galicia arredor dos 190 casos diarios e acouga en áreas que empeoraran tras a Semana Santa
Aínda que comarcas como a da Barbanza melloran a súa situación, un bo número de concellos coas incidencias máis elevadas seguen estando na contorna das Rías Baixas. A incidencia acumulada a 7 días para o conxunto de Galicia rolda os 50 casos novos por cada cen mil habitantes, un chisco por riba da metade do indicador a 14 días, o que indica unha lixeira tendencia ascendente
O estudo da RAG constata que o galego é "residual" nas aulas da ESO na escola privada
O informe da Academia sobre o uso da lingua no final do ensino obrigatorio certifica a súa escasa presenza nos centros privados, onde o 95% do alumnado declara que o castelán é maioritario ou exclusivo nas clases.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o millón de doses administradas catro meses despois do inicio da vacinación contra a COVID
O 27 de decembro Nieves Cabo convertíase na primeira persoa vacinada. Catro meses despois, aplícanse case 20.000 doses diarias, co 99% da poboación de máis de 80 anos e o 75% das persoas entre 70 e 79 anos con cando menos unha dose. O ritmo actual permitiría administrar en xullo a primeira dose ao 70% da poboación.
As ringleiras da pobreza
Manuel VázquezO Parlamento reclama por unanimidade que se investigue o asasinato en Filipinas de Diego Bello e se restaure a súa honra
O 8 de xaneiro do 2020 este mozo coruñés de 32 anos morreu por disparos da policía filipina, que o acusaba de ser narcotraficante, algo negado de forma rotunda pola súa familia, que esixe unha investigación á que se negan as autoridades do país asiático
A baixa competencia en galego do alumnado na fin da ESO acentúase no ensino privado
Máis dun 35% do alumnado castelanfalante que remata o ensino obrigatorio ten escasa capacidade para a lingua galega, segundo un estudo da RAG, que advirte que "a titularidade do centro si discrimina nas competencias" no idioma.