Os maiores incendios da vaga levan máis dunha semana a arder, pero frea o seu avance
Os focos do Courel, Valdeorras e O Invernadeiro suman unhas 28.000 hectáreas das arredor de 33.000 que van ardidas nesta vaga
Os focos do Courel, Valdeorras e O Invernadeiro suman unhas 28.000 hectáreas das arredor de 33.000 que van ardidas nesta vaga
Xa son máis de 32.000 as hectáreas ardidas nos principais incendios dos últimos dez días, pero ningún rexistra xa perigo para vivendas
Dos 12 incendios de máis de 20 hectáreas aínda sen extinguir a Xunta xa só considera activos catro, os máis grandes, mentres ve estabilizados dous e nas últimas horas deu por controlados tres
A Xunta advirte do "carácter anómalo" de incendios que "quedan fóra da capacidade de extinción". "Non hai dispositivo capaz de controlalos", di un brigadista
Dúas médicas de Atención Primaria relatan como é o día a día na consulta con ata sesenta pacientes. Xornadas sobrecargadas que lles resulta imposible rematar dentro do seu horario. Unha realidade coñecida e ignorada polo Sergas
O Concello de Pontevedra cifra en 5,8 millóns de metros cúbicos a auga do río que consomen ao ano os concellos da ría e entre "entre 12 e 17 millóns" o que capta ENCE
Durante os anos 90 os maiores incendios roldaban as 3.000 hectáreas; no que vai de século XXI chegaran a arder máis de 7.000 en Cerdedo (2006) e case 9.000 en Ponteareas (2017). Agora, os focos do Courel e Valdeorras xa superan as 10.000 nunha vaga azouta espazos naturais protexidos onde, malia tratarse de zonas moito menos poboadas que o eixo atlántico, foi preciso realizar desaloxos por risco para as persoas mentres nalgunhas aldeas arderon máis dunha decena de casas
Veciñanza de Valdeorras e O Courel denuncia a "indiferenza", "abandono" ou "desatención" que senten e as graves consecuencias duns incendios "nunca vistos" e avivados pola importante acumulación de combustible vexetal nos montes. "Non pode ser que haxa maleza de tres metros ao pé das casas", advirte un brigadista.
O director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, advirte de como a intensidade dos focos na serra lucense provocaron nubes de convección que mudaron o réxime de ventos e impulsaron a propagación dos da comarca ourensá. Os raios iniciaron focos en lugares inaccesibles; a calor e a seca dispuxeron un combustible vexetal que axudou a propagar os incendios
Traballa para que “en outono” o tráfico en sentido Castela e León non teña que pasar polo centro da vila, como si o terá que seguir facendo o que circule cara a Galicia, segundo a súa previsión, criticada pola Xunta
A actual onda de lume concéntrase en espazos de alto valor natural e patrimonial en áreas de montaña de Lugo e Ourense, entre eles espazos protexidos como a Serra da Enciña da Lastra e O Invernadeiro. Ademais de arrasar milleiros de hectáreas de monte, pon en risco e xa calcinou vivendas en varias aldeas