Acontece
A incidencia máis inmediata da COVID en Galicia é a menor dende que hai datos comparables
Os 17 casos novos por cada cen mil habitantes que Galicia rexistra nos últimos sete días supoñen o nivel máis baixo dende que a capacidade diagnóstica é equiparable á actual. Os concellos que rexistraron máis de 10 casos novos nos últimos 14 días son apenas unha vintena e tras superar o 83% da poboación con pauta completa da vacina, o Sergas dá por pechada a fase da inmunización masiva e céntrase en captar persoas pendentes da primeira inxección
A empresa que rastrexou ata agora a COVID para o Sergas despídese do servizo en pleno conflito laboral
Persoal doutra campaña de Universal Support leva a cabo paros e protestas polo seu traslado sen compensación a outro centro. A empresa encargada do rastrexo perdeu o servizo que veu realizando para o Sergas, que llo adxudicou a outra compañía cunha oferta máis barata.
O avogado do maquinista de Angrois oponse aos delitos que lle atribúe a Fiscalía por ser "unha vítima máis" da falta de seguridade
O xuíz propuxo xulgar o maquinista e un ex-xefe de Adif como acusados, en grao similar, de 80 delitos de homicio por imprudencia grave profesional e 144 de lesións. "Cos sinais e as balizas instaladas despois do accidente, aínda que o maquinista fixese o mesmo, o sinistro non ocorrería", resalta o avogado no escrito no que responde ao da Fiscalía, que pide 4 anos de prisión para os dous acusados
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia entra no menor nivel de restricións pola COVID en máis dun ano co 83% da poboación vacinada
Dende o sábado, as ocupacións máximas en diversas actividades sociais, culturais ou económicas aumentan ao 75%. Fano tras a fin das limitacións a encontros entre non conviventes e coa hostalería a implantar o seu novo protocolo. Mentres, a incidencia acumulada a 7 días xa cruzou o limiar do risco baixo e a 14 días, o valor máis elevado rexístrase no único grupo de idade aínda non incluído na campaña de vacinación, a poboación menor de 12 anos
- Con vídeo 40 anos do Estatuto
- Acontece
'2021, 40 anos despois': a mocidade debate nun documental sobre o presente e o futuro do galego
Unha peza do IES de Arzúa ofrece as reflexións do seu alumnado sobre a situación da lingua galega ao cumprirse catro décadas da súa consideración como cooficial.
Todas as cidades galegas incumpren os novos niveis de calidade do aire establecidos pola OMS
Ecoloxistas en Acción reclama que "se os concellos queren protexer a saúde da súa cidadanía" deben "implantar de forma rápida e ambiciosa" as Zonas de Baixas Emisións (ZBE) ás que lles obriga antes de 2023 a Lei de Cambio Climático, "reducindo de forma drástica o tráfico urbano", di a entidade
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Os novos casos de ocupacións ilegais de vivendas volven baixar en Galicia e son vinte veces menos que os desafiuzamentos
O Poder Xudicial rexistrou no segundo trimestre de 2021 máis de 400 lanzamentos en vivendas alugadas ou hipotecadas e apenas unha vintena de novos casos por ocupacións ilegais, fenómeno no que Galicia ten a segunda menor incidencia do Estado. Os lanzamentos tamén diminúen (-32%) a respecto do segundo trimestre de 2019, o último non condicionado pola pandemia
A Xunta anuncia un recurso contra a orde que dende este mércores prohíbe, agás excepcións, a caza do lobo en Galicia
Dende este mércores o animal integra o listado de especies protexidas e só pode ser cazado se houbo ataques de importancia contra explotacións gandeiras e fracasaron as medidas preventivas. Os gobernos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León rexeitan a medida e a Xunta solicita medidas cautelares para que que non entre en vigor.
As segundas doses da mocidade deixan o grupo de 30 a 39 anos como a xeración menos vacinada en Galicia
Das 224.276 persoas de máis de 12 anos que aínda non contan coa pauta completa, case un terzo (74.974) son trintañeiros e trintañeiras, que fican mesmo por detrás do grupo de persoas 20 a 29 anos. Este martes comezará a administración dunha terceira dose da vacina nas residencias de maiores
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os hospitais galegos tamén van deixando atrás a 'quinta vaga' da pandemia, marcada pola vacinación
O 'pico' da hospitalización na vaga estival non superou os 350 ingresos simultáneos de persoas coa COVID. Tras o Nadal, con incidencias semellantes, chegaran a ser máis de mil. Agora quedan 93; 65 menos que hai unha semana. A cobertura da vacina con pauta completa xa supera o 83% do total da poboación galega
O "dobre castigo" das familias de Baamonde: sen colexio e agora sen transporte escolar
Só 9 dos 30 alumnos e alumnas do CEIP de Baamonde, pechado este curso por iniciativa do Concello de Begonte, trasladáronse ao colexio do centro da localidade. Do resto, a maioría optou por outra escola rural, en Parga (Guitiriz), pero boa parte das familias non pode acceder ao transporte escolar e deben trasladar os seus fillos e fillas en coche.