Acontece
Santiago na encrucillada do turismo sen control
Marta Lois
- Galería Contra a violencia machista
- Acontece
Galicia volve saír á rúa contra a violencia machista: “Se tocan a unha, respondemos todas”
As principais cidades e vilas acolleron na tarde deste sábado concentracións en repulsa do asasinato machista dunha veciña da Coruña
- Entrevista | Xosé Candel
- Acontece
"Sempre dicimos que imos tarde, pero o caso é non ir tarde de máis e aproveitar esta oportunidade de salvar a lingua asturiana"
O vindeiro 16 de outubro Oviedo acolle unha manifestación a prol da oficialidade do asturiano e do galego en Asturias, unha marcha que pode ser histórica, debido ao incremento da mobilización social a prol da lingua e ao proceso de reforma estatutaria aberto polo presidente Adrián Barbón, e no que o PSOE defenderá por vez primeira o carácter oficial de ambos os dous idiomas. Falamos con Xosé Candel, voceiro da Xunta pola Defensa da la Llingua Asturiana
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia acumulada da COVID cae xa en todas as cidades por baixo dos cen casos por 100.000 habitantes, como antes do verán
O 85% da poboación galega ten xa cando menos unha dose da vacina e a situación nos hospitais continúa a mellorar de xeito constante
- Entrevista | Xavier Simón Sector eólico
- Acontece
"Deberíamos apostar máis pola repotenciación dos parques eólicos actuais e non pola ocupación de novas terras"
Falamos con Xavier Simón, director do Observatorio Eólico de Galicia, que leva anos pedindo non repetir os mesmos erros cometidos no novo desenvolvemento eólico, pero que advirte que "estamos cometendo erros aínda máis graves" e que "as comunidade rurais están máis indefensas ante o desenvolvemento eólico que hai 20 anos"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Apenas medio cento de concellos teñen máis de 10 casos COVID en dúas semanas mentres Galicia encara a fin da vacinación
En máis de 180 concellos non houbo casos novos do coronavirus na última semana. A vacinación con pauta completa achégase ao 82% da poboación de Galicia e só media ducia de municipios, todos eles con escasa poboación, non superan aínda o 80% de cobertura con pauta completa. As 116 persoas ingresadas con test positivo da COVID son 36 menos que hai unha semana
A cita presencial ordinaria volve á Atención Primaria, que segue "saturada" e co persoal "desbordado"
O Sergas permite desde este xoves solicitar unha cita para ser atendido nos centros de saúde, onde o persoal mantén as críticas polas longas listas de espera, a excesiva carga de traballo ou a falta de medios e investimentos.
O Concello de Lugo acode á Fiscalía por posibles filtracións nas oposicións da Policía Local
A maxistrada que presidía o tribunal das oposicións detectou "coincidencias patentes" entre as respostas dos catro axentes que obtiveran as mellores notas do exame do suposto práctico e destas co cadro de solucións correctas do exercicio. "A Alcaldía, como non pode ser doutro xeito, deu traslado á Fiscalía por se procede abrir dilixencias coa fin de pescudar se os feitos poden ser constitutivos dalgún ilícito penal", sinala o goberno local
- En actualización Contra a violencia machista
- Acontece A Coruña
Unha muller de 52 anos, asasinada pola súa parella na Coruña
A Policía detivo horas despois en Madrid ao presunto autor do asasinato, un home de 48 anos con antecedentes por violencia de xénero
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta levanta as limitacións pola COVID ao dereito de reunión entre non conviventes
A nova relaxación nas restricións chega mentres a incidencia acumulada do coronavirus a 14 días baixa de 100 casos novos por cada cen mil habitantes por primeira vez en dous meses e medio e as 134 persoas ingresadas con test positivo son 35 menos que hai unha semana. Todo, cando o país xa superou o 80% de poboación con pauta completa da vacina
A Ribeira Sacra e as serras do Oribio e do Courel, nova reserva da biosfera da UNESCO
O recoñecemento aprobado pola UNESCO protexe unha contorna de vinte e tres concellos, 18 na provincia de Lugo e cinco na de Ourense, que se converten na sétima reserva da biosfera de Galicia. Entre os obxectivos desta figura está a "conservación da biodiversidade e da diversidade cultural", destaca a UNESCO