Comezan as clases nos institutos coa mocidade vacinada e cifras baixas de incidencia, pero menos profesorado que o curso pasado
Os sindicatos denuncian a redución de medio milleiro de mestres e mestras debido ao aumento do número de alumnos por aula. A distancia mínima nas clases pasa a ser de 1,2 metros, pero seguirá a ser de 1,5 metros nas zonas comúns e nos recreos (onde se poderán mesturar grupos distintos). Os contaxios no grupo de 12 a 19 anos están no seu nivel máis reducido dende xuño