- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos dun cento de hospitalizacións con COVID por primeira vez desde agosto
A enfermidade segue a retroceder pero o Sergas comunica dúas novas mortes na última xornada, sete en catro días
A enfermidade segue a retroceder pero o Sergas comunica dúas novas mortes na última xornada, sete en catro días
Tras a administración de case 33.000 doses nun día, o 52,2% da poboación maior de 50 está completamente vacinada, o segundo maior dato do Estado. O Sergas diagnosticou unha media dunhas 105 infeccións novas polo coronavirus ao día na última semana; sete días antes eran 148
O peche aos coches da rúa Nova da Coruña fai parte do proxecto para peonalizar uns 11.000 metros cadrados na contorna dos Cantóns. A Mosqueira, unha das áreas máis representativas da Muralla lucense, será transformada nos vindeiros meses nunha "praza peonil multiusos", con "zonas verdes e espazo para actividades culturais e de lecer"
En maio o Sergas rexistrou pouco máis de 3.300 novos casos da COVID-19 e en abril foran case 5.200. Xuño comezou con menos de cen casos novos ao día e as incidencias a 7 e 14 días descendendo aos poucos para o global de Galicia. As 111 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus son un cento menos que hai un mes
A orde relixiosa anuncia a apertura dunha investigación sobre os abusos que relatan oito ex alumnos do colexio El Pilar de Vigo durante os anos sesenta, revelados polo xornal 'El País'. "A existencia de vítimas é un recordo permanente de que lles fallamos no pasado", din os maristas
As longas distancias a grandes centros de vacinación provocan atrancos para xente maior que non dispón de coche ou de transporte público axeitado nin está incluída entre pacientes con dereito a seren vacinados na casa.
A incidencia acumulada a 7 días rolda os 30 casos novos por cada cen mil habitantes para o conxunto de Galicia e na única área onde sobe, a de Ferrol, amosa sinais de moderación. As 125 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus son 19 menos que o mesmo día da semana anterior.
A 'foto fixa' deste derradeiro domingo de maio podería falar de empeoramento se a comparación se realizase unicamente coa xornada previa. Pero a observación das cifras con contexto falan de xusto o contrario, con bos sinais nos principais indicadores de evolución da pandemia do coronavirus mentres avanza a vacinación. Analizámolas
O Sergas rexistra 110 casos novos e as incidencias acumuladas descenden tanto a 7 como a 14 días. As 107 persoas coa COVID-19 ingresadas nos hospitais son 32 menos que hai sete días e a cifra máis baixa dende o 27 de agosto de 2020. O ritmo de vacinación apunta a que, na primeira metade de xuño, máis do 50% do total da poboación galega terá posta cando menos unha dose da vacina
Ás 00:00 do sábado entran en vigor as mudanzas nas restricións, coa ampliación dos grupos de non conviventes a 10 persoas ao aire libre e 6 en interiores como principal novidade. Malia gromos locais como o de Viveiro, a incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia rolda os 74 por cada cen mil habitantes e a 7 días, os 36. Malia ao ritmo irregular nos últimos días, o 26% da poboación diana ten xa a pauta de vacinación completa e o 50,7% recibiu polo menos unha dose
En apenas unha semana de setembro arderan unhas 9.000 hectáreas na provincia de Ourense, que o propio Plan de prevención e defensa contra o lume para 2021 destaca por sufrir "a metade dos grandes incendios forestais dos últimos 30 anos". 27 das 35 parroquias consideradas como de "alta actividade incendiaria" en 2021 están na provincia ourensá. O 2020 foi o cuarto ano dos últimos dez con menos de 2.000 incendios forestais en Galicia, o terceiro consecutivo