Galicia é o territorio do Estado con menos prazas públicas nas residencias de maiores
O número total de prazas (2,83 por cada 100 persoas maiores de 65 anos) está moi por debaixo da media española (4,22) e, ademais, só o 40% son prazas con financiamento público, fronte a unha media do 62% no Estado e que rolda o 80% en Castela-León ou o 75% en Euskadi