Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
O novo pico da COVID segue sen baixar nos hospitais galegos mentres os novos casos se moderan
As 110 persoas diagnosticadas da COVID-19 que precisan asistencia na UCI supoñen outro máximo da segunda vaga da pandemia. O Sergas suma 444 novos casos do coronavirus e a media semanal de diagnósticos mediante PCR baixa ata a contorna dos 500 ao día mentres Sanidade confirma outras 7 mortes que elevan o total de falecementos ligados á pandemia ata os 1.069
O castelán non precisa defensa
Xoán Antón Pérez-Lema
- 🔊Entrevista
- Acontece
Anxo Lugilde: "Hai 32 anos que convivo coa depresión e tiven tres recaídas fortes"
O xornalista Anxo Lugilde explica a Xabi Bundó, nesta entrevista no programa Via Lliure (RAC 1), a importancia do tratamento experimental para a depresión que recibiu no barcelonés Hospital do Mar e a súa aposta por facer visible esta doenza
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización en UCI por COVID chega a 105 doentes nunha xornada con medio milleiro de novos positivos
Os novos casos parecen volver estabilizarse malia á alteración rexistrada na área de Vigo tras o brote na residencia de Mos, nunha xornada con novamente máis de 8.000 PCR pero cunha positividade á baixa do 5,7%
Estatísticas
Antonio Gregorio
- Datos Coronavirus
- Acontece
Primeira semana con menos casos activos de coronavirus no ensino pero máis aulas pechadas
A Xunta non facilita datos de novos positivos senón só de persoas afectadas en cada momento, 1.247 este venres, 55 menos que unha semana antes
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Dez novas mortes e 662 novos positivos de COVID na última xornada, un terzo en Vigo tras un brote dun cento de casos nunha residencia
Segue a moderarse a ocupación hospitalaria, con catro doentes máis en coidados intensivos pero 26 menos en planta na cuarta xornada con máis PCR realizadas desde o comezo da pandemia, 9.003
Os peregrinos seguen chegando a Santiago dúas semanas despois do peche da cidade polo coronavirus
Na última semana expedíronse unha vintena de compostelas diarias na Oficina do Peregrino e Feijóo di seguir confiando no “éxito” do Xacobeo 2021, para o que agora encarga campañas de promoción por 7,9 millóns de euros
A xusta memoria. Os refuxiados republicanos masacrados polo nazismo en Oradour-sur-Glane
María Lopo
O Xulgado obriga a Xunta a reabrir Primaria nunha escola rural tras suprimir a unidade co prazo de matrícula finalizado
A sentenza, que recoñece o dereito de Educación de inhabilitar este ciclo, sinala que a Consellería nunca comunicou de forma expresa a súa decisión ás familias, que se presentaron coas súas fillas o primeiro día de curso na Escola de Verducido (Pontevedra) coa intención de comezar as clases e que nese momento descubriron que xa non había mestre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a incrementar as mortes e ingresos en UCI pola COVID, pero reduce os novos casos e porcentaxe de probas positivas
As restricións adoptadas nas últimas semanas están a producir un descenso no número de novos casos, que se sitúan lixeiramente por riba dos 500 positivos diarios. Porén, os casos máis graves continúan en ascenso, sumando 1.046 mortes dende o inicio da pandemia, cun aumento de 7 nas últimas 24 horas. Son 157 falecementos nos últimos 15 días, máis de dez por día