A vacinación contra a COVID continúa en sete residencias e Galicia recibe a primeira partida de 18.000 doses
A primeira fase en Galicia, nas vindeiras semanas, abranguerá os 42.000 internos e traballadores das 484 residencias no país.
A primeira fase en Galicia, nas vindeiras semanas, abranguerá os 42.000 internos e traballadores das 484 residencias no país.
A excepción aos peches perimetrais para acudir a encontros familiares rexe dende as cero horas do día 30 ata as 11 da noite do 1 de xaneiro. A hostalería non poderá abrir o día de Aninovo ata as 11 da mañá e, de agora en diante, nos concellos onde estes locais tiñan que pechar ás cinco da tarde poderán facelo ás seis
A Xunta suaviza as medidas na capital lucense e tamén en Ponteareas e Rodeiro, pero enduréceas en Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame (nivel máximo) e en Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal (nivel alto). Este martes o Goberno galego informará sobre as normas que estarán en vigor no fin de ano.
Sanidade suma 293 novos casos e unha morte. O descenso no número de probas PCR nos días do Nadal, posterior a xornadas de récord impulsadas polos cribados masivos, influíu no incremento das taxas de positividade mentres preocupa a evolución da incidencia en varias comarcas e a hospitalización rexistra o maior incremento en vinte e catro horas do último mes
A importante baixada no número de PCR explica o aumento da taxa de positividade e o descenso na detección de novos casos. A presión hospitalaria volve aumentar.
Nieves Cabo, de 82 anos e residente no centro Porta do Camiño en Santiago, foi a primeira persoa vacinada no país ás 11 da mañá. Dúas horas antes recibía a primeira dose en Guadalajara unha anciá de 96 anos, a primeira no Estado.
A Consellaría de Educación notificou ao STEG que hai 991 persoas funcionarias de carrreira que non dispoñen de titulación de grao, número ao que habería que sumar 452 persoas interinas na mesma situación. Os dous sindicatos piden cambios para evitar a precarización nas condicións deste profesorado
As cifras mánteñense estables tras o aumento de contaxios da pasada semana. O pasado 23 de decembro o Sergas realizaou case 10.700 PCR nunha soa xornada.