Acontece
Galicia é o único territorio da Península en nivel baixo de alerta pola COVID
A escala, que inclúe cinco niveis, foi acordada no mes de outubro entre todas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade e responde a unha serie de indicadores epidemiolóxicos e hospitalarios. Galicia presenta datos especialmente bos no que atinxe á ocupación hospitalaria.
Foulard ao vento
Xosé Manuel Sarille
As familias do CEIP de Baamonde destacan o "funcionamento exemplar" do centro e o "golpe ao rural" que suporía o seu peche
A ANPA do colexio e a asociación veciñal da localidade convocan unha manifestación este sábado para rexeitar a clausura da escola, na que estudan 30 alumnos e alumnas, impulsada polo Goberno municipal de Begonte.
- Con vídeo Coronavirus
- Acontece
Comeza a vacinación da COVID en Galicia: as claves dun reto loxístico, clínico e divulgativo
Tras as primeiras 500 doses do simbólico primeiro día, para unha residencia de Santiago, o luns 28 chegarán a Galicia outras 18.000 e comezará a distribución cara ao resto de centros de maiores dende un ultraconxelador central. O persoal de enfermaría do Sergas volve ser clave nun proceso no que as autoridades sanitarias alertan tamén contra as desinformacións a respecto da tecnoloxía da vacina e os seus efectos alén da inmunización
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia chega á Noiteboa con 400 novos positivos e o récord de PCR realizadas ante o medo aos contaxios nas festas
Nos últimos días están a levarse a cabo un gran número de probas, en forma de cribados masivos en moitas zonas. Compostela segue a empeorar a súa situación, que se mantén estable na maior parte do país.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve reducir a incidencia da COVID ás portas das celebracións de Nadal e ante o medo a unha repunta
Nas últimas 24 horas detectáronse 299 casos, lonxe dos 393 notificados o mércores da semana pasada. A taxa de positividade mantense no 4% nos últimos sete días a e tamén mellora a situación nos hospitais. Compostela é a cidade cunha maior incidencia acumulada e a única que empeora os seus datos
- Interactivo As novas liñas de bus
- Acontece
A Xunta remata a reestruturación dos buses interurbanos obrigada polo Supremo: estas son as 3.100 liñas de toda Galicia
Cinco anos despois da condena que anulou a prórroga do sistema de buses preexistente, o Goberno galego pon en servizo os últimos contratos e dá por culminada a reestruturación do sector
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus estabilízase en Galicia antes das semanas clave do Nadal e entre alertas sobre a terceira vaga
O Sergas suma 249 novos casos e a media diaria dos novos diagnósticos segue na contorna dos 300. Santiago xa é a cidade galega con maior incidencia acumulada a 14 días, indicador que para para o conxunto de Galicia se estanca arredor dos 180 casos novos por cada 100.000 habitantes. O número de persoas hospitalizadas segue sen baixar de arredor das 350
Unha furgoneta retira mobles da Casa Cornide ás portas do inicio do proceso para que os Franco devolvan o edificio
A veciñanza da zona alertou sobre a operación, aínda que se descoñece os contidos que foron sacados do edificio. A Xunta iniciou os trámites para declaralo Ben de Interese Cultural e o Concello da Coruña prevé activar en breve os mecanismos legais para reclamar a titularidade do inmoble por irregularidades na súa entrega ao ditador.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta permite traspasar os peches pola COVID do 23 ao 25 para encontros familiares do Nadal, pero pide non facelo
Sanidade mantén a petición de celebrar as festas só entre conviventes e recomenda xuntar, como máximo, dúas unidades familiares ou seis persoas adultas máis catro menores. Médicos integrantes do comité clínico do Sergas fan fincapé na súa petición de limitar os contactos: "Temos que chegar todos vivos a 2021"
A incidencia da COVID no ensino é semellante á global de Galicia polo "comportamento exemplar" de docentes e alumnado
Os 216 casos activos por 100.000 persoas nos centros educativos sitúanse no nivel dos 207 na cidadanía, un impacto moderado malia as críticas de sindicatos e anpas á "improvisación" ou falta de medidas por parte da Xunta.