Acontece
"As Casas-niño son un proxecto moi necesario no rural, pero non pode funcionar á custa das traballadoras"
O servizo impulsado pola Xunta de atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos en concellos rurais funciona cun sistema de falsas autónomas que dende hai anos veñen denunciando a súa precariedade laboral. Falamos cunha destas educadoras, que decidiu pechar a súa instalación despois de case oito anos de servizo. O BNG vai levar ao Parlamento unha proposta de reforma.
O Trolas
Antonio Gregorio
De igual a igual: o que non se nomea non existe
"A flexión de xénero nas linguas romances é un signo, e non a causa ou única mostra do machismo na linguaxe, que radica exclusivamente na mentalidade social, onde este prevalece". Esa é a razón pola que Llerena Perozo propón "que a batalla contra esta realidade debe facerse desde un uso consciente da semántica e o seu léxico".
Casa para alugar no rural? Nove concellos ourensáns apostan por poñer no mercado vivendas baleiras
Taboadela, Boborás, San Xoán de Río, Porqueira, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos e Coles impulsan a iniciativa, que conta co apoio do Ministerio de Transición Ecolóxica.
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Acontece A Coruña
A memoria dos deportados coruñeses aos campos nazis: "A xente debe asumir como súa esta historia"
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica leva anos traballando na recuperación da memoria dos galegos enviados aos campos de concentración. Na Coruña, en colaboración co concello, instalaron xa 17 stolpersteine fronte ás vivendas dos deportados e agora vén de publicar os dous primeiros capítulos dun podcast no que afondan na vida destas persoas. Falamos con Carmen García Rodeja e David Lozano.
- Datos
- Acontece
Hai xa 563 mil galegos no estranxeiro, pero só o 23% naceu en Galicia
563.303 galegos e galegas viven de forma permanente no estranxeiro, unha cifra en ascenso acelerado nos últimos anos grazas á Lei de Netos, pois 2026 marcou un récord nas novas inscricións. Tan só o 23% destre padrón exterior naceu en Galicia, unha porcentaxe en descenso e que corresponde, sobre todo, a persoas de idade avanzada.
Sorride, Cuac FM celebra o seu 30 aniversario cunha foto colectiva
Este sábado a emisora comunitaria da Coruña convida á cidadanía a unha foto de familia na Praza de María Pita ás 13:04 horas para conmemorar os seus 30 anos de actividade. Ao longo deste ano concertos, presentacións de libros e outros eventos festexarán unha traxectoria na que Cuac tivo que librar unha batalla tras outra.
Frantz Fanon: A loucura que nos revela (4)
Diogo Tabuada
As augas residuais advirten dun importante aumento no consumo de cocaína en Santiago
O consumo desta substancia en Compostela sobe máis dun 65% nun ano, ata máis de 1.000 miligramos por cada mil habitantes e día, segundo os datos do último estudo da UE sobre drogas ilegais. Os datos do cánnabis tamén amosan un importante incremento.
Descubertas as aras sestianas no monte do Sixto en Fisterra
Marcos Castro Vilas
Un ano sen trens de Vigo a Ourense e Porto por obras, con desvíos en bus ata Tui e Valença
Os traballos de mellora de Adif na liña Vigo Guixar-Redondela-Guillarei obrigan a Renfe a facer por estrada parte dos recorridos a partir do 7 de abril