Acontece
O Xulgado obriga a Xunta a reabrir Primaria nunha escola rural tras suprimir a unidade co prazo de matrícula finalizado
A sentenza, que recoñece o dereito de Educación de inhabilitar este ciclo, sinala que a Consellería nunca comunicou de forma expresa a súa decisión ás familias, que se presentaron coas súas fillas o primeiro día de curso na Escola de Verducido (Pontevedra) coa intención de comezar as clases e que nese momento descubriron que xa non había mestre.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a incrementar as mortes e ingresos en UCI pola COVID, pero reduce os novos casos e porcentaxe de probas positivas
As restricións adoptadas nas últimas semanas están a producir un descenso no número de novos casos, que se sitúan lixeiramente por riba dos 500 positivos diarios. Porén, os casos máis graves continúan en ascenso, sumando 1.046 mortes dende o inicio da pandemia, cun aumento de 7 nas últimas 24 horas. Son 157 falecementos nos últimos 15 días, máis de dez por día
A Xunta defende a súa xestión nas residencias de maiores, a pesar das críticas de familias e traballadoras
Política Social afirma que "a día de hoxe as residencias de Galicia están máis preparadas para facer fronte a unha enfermidade infectocontaxiosa". Porén, dende agosto 174 usuarios e usuarias das residencias morreron despois de contaxiarse da Covid-19, o 42% de todos os falecementos relacionados coa enfermidade
A Xunta activa dous meses despois de iniciado o curso o proceso para repartir máscaras ao alumnado, pero dáse tres meses para tramitalo
As familias xa beneficiadas da axuda para material escolar non terán que facer nada, pero o resto deben formular unha solicitude condicionada a rendas inferiores a 6.000 euros por persoa ou determinados colectivos
A Galicia post-Prestige chega á maioría de idade: 18 anos da catástrofe
O 13 de novembro do ano 2002 o Prestige comezou a escorar, dando inicio a unha traxedia medioambiental que provocou tamén a máis importante mobilización social da historia de Galicia. Pasaron xa 18 anos pero algunha das consecuencias daqueles feitos aínda manteñen a súa pegada na sociedade galega
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus dá sinais de freo en parte de Galicia tras máis de cen mortes nos primeiros once días de novembro
Oito dos falecementos incorporados ao cómputo oficial son das últimas vinte e catro horas e outros sete, de varios días anteriores. O número de novos casos segue en cifras inferiores aos das semanas previas, con 523 na última xornada, mentres a cifra de probas PCR volve ascender por riba das 8.000 en vinte e catro horas e a súa positividade media baixa do 8% tras varias semanas de estabilidade nesa cifra
A residencia de Celanova abre a porta á incorporación das familias e do persoal na súa xestión tras un acordo co Concello
A asociación de usuarios de residencias REDE celebra o pioneiro movemento, que facilita que "por vez primeira en Galicia familiares tomen parte de forma directa na xestión dun centro sociosanitario de titularidade público-privada"
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
"Tiveron tempo dende marzo para reforzar as residencias con persoal e non fixeron nada. Isto non tería que estar pasando"
Nos últimos días a asociación de traballadoras de residencias Trega denunciou as malas condicións nas que viven os usuarios e usuarias dun xeriátrico de Salvaterra do Miño intervido pola Xunta, pero a falta de persoal e de medios afectan a moitos outros centros. Falamos con Sonia Jalda, que sinala a responsabilidade do Goberno galego
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia aínda se resente do empeoramento da COVID en outubro con 15 mortes e máis ingresos mentres frean os novos casos
Sete dos 15 falecementos computados polo Sergas correspóndense coa xornada do martes e outros 8, con días anteriores. Nos primeiros dez días de novembro Galicia sumou 91 mortes ligadas á pandemia. Máis da metade dos 520 novos casos rexístranse nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo nunha xornada de incremento das PCR tras varios días á baixa
O límite de 30 km/h en todas as vías urbanas: a medida que naceu en Pontevedra e outras cidades galegas comezaran xa a aplicar
Este martes o Goberno central aprobou a medida, que será obrigatoria no prazo máximo de seis meses. Varias cidades galegas xa comezaran a aprobar actuacións que ían nesta dirección. Pontevedra converteuse no ano 2011 na primeira cidade de todo o Estado que fixou o límite de '30' en todo o espazo urbano, adoptado tamén pola Coruña esta primavera
Eu vou a Montevideo!
Manuel Suárez Suárez