Acontece
A folga nos centros de saúde de Vigo abre unha nova xeira de protestas sanitarias en Galicia
Vixilias en varias cidades polos PAC deron inicio este luns a outra semana de mobilizacións na sanidade galega, con folga de dous días dos médicos da Atención Primaria na área viguesa, que foi secundada por máis do 90% segundo o comité, ou unha marcha de persoal eventual
- Obituario
- Acontece
As orixes galegas de Niki Lauda: de Nogueira de Ramuín ao reinado na Fórmula 1
Os xornalistas Xosé Fernández Ferreiro e Santiago Romero afondaron nas orixes familiares do campión austríaco, en Nogueira, Cambre e A Coruña, sinalando a semellanza física co piloto, falecido este martes
Os farois que poden apagar o ceo na Costa da Morte
O percebeiro e escritor Suso Lista denunciou hai uns días o proxecto de instalación de 15 grandes farois nun punto de Corme empregado para a observación do ceo nocturno, avanzando no proceso de contaminación luminosa que sofren moitos lugares de Galicia, sobre todo no litoral. A Agrupación Ío e outros colectivos uníronse á protesta
Semente inicia unha alianza de colaboración coa rede de ikastolas
O acordo asinouse este venres pola mañá en Compostela. O obxectivo é traballar conxuntamente para potenciar a inmersión como o mecanismo para favorecer a normalización lingüística do galego e o euskera
A experiencia de atoparse co galego na adolescencia: "É unha mágoa que non nolo aprendesen antes"
200 rapaces e rapazas dun instituto de Oleiros, onde ningún alumno usaba o galego, aceptan o reto de falalo dous días tras asinar un contrato de "compromiso" cunha lingua que lamentan que non teña máis presenza e cuxa precaria situación na mocidade ratifican iniciativas coma esta.
O freo da Xunta á apertura de novas casas de apostas limítase de momento a nove meses
A paralización de novas aperturas de salóns de xogo chegará ata a aprobación da nova Lei do Xogo que, segundo o Goberno galego, "manterá esta limitación"
As protestas sanitarias rompen os marcos: máis folgas e máis frontes abertas
O Sergas afronta xa unha folga na Atención Primaria o 19 de xuño e outra nos centros de saúde da área de Vigo a vindeira semana tras a división dos colectivos en conflito. As Asembleas de Áreas Sanitarias nin tan sequera recoñecen o Consello Técnico, onde negocian sindicatos e outras entidades.
A veciñanza de Ons esixe que a Xunta retire o veto á entrada libre dos seus familiares na illa
O Goberno galego estableceu que os 65 residentes permanentes do arquipélago e os seus ascendentes e descendentes quedan fóra da cota máxima de 1.800 visitantes diarios, pero non así os seus irmáns, irmás, sobriños, sobriñas e demais parentes.
A expansión das casas de apostas en Galicia obriga á Xunta a poñer couto á apertura de máis establecementos
A nova Lei do Xogo limitará o seu número aos xa existentes ou en tramitación. A comezos de ano eran 136, sobre todo en Vigo e A Coruña, e a cifra crecera xa ata os 159. O Goberno galego aprobará este xoves a medida para evitar que as empresas "especulen" e abran novos salóns nos vindeiros meses
Condenado a doce anos de prisión o antigo frade do Cebreiro por abusar de dous menores
Os maxistrados da Audiencia lucense consideraron probado que entre 2014 e 2015 o antigo frade abusou sexualmente de dous menores de idade, unha rapaz e unha rapaza, ambos con problemas cognitivos
O TSXG condena o Sergas por "discriminar" unha interina á que non recoñecera como traballado o período de maternidade
O alto tribunal decreta que a Administración debe recoñecer como tempo traballado a efectos administrativos o período durante o cal a muller de baixa por maternidade e nas listas temporais foi chamada para ocupar un posto.