Acontece
A Xunta pecha a hostalaría e impón confinamento perimetral dun mes a 60 concellos
Nos concellos afectados polas medidas reforzadas, que Feijóo xustifica pola necesidade de "resetear" o sistema sanitario e "salvar a campaña de Nadal", terán que pechar todos os locais de hostalería agás para servizo a domicilio. As medidas estarán en vigor dende o día 6 ás tres da tarde
As restricións pola COVID en Galicia seguen intactas e coa vista posta no venres 6 e no luns 9
O subcomité do venres deberá decidir se os confinamentos perimetrais e as restricións de reunións para non convivintes continúan ou non alén dos 7 días aprobados; do día 9 en diante, Feijóo pode facer uso de competencias da prórroga do estado de alarma para decisións como modificar o toque de queeda
Persoal das ambulancias do 061 pide tests e máis seguridade contra a COVID ante o "abandono" do Sergas
A aparición de dous positivos volve erguer as protestas pola inexistencia dun cribado entre os traballadores desde hai meses malia seren a "primeira trincheira" contra o coronavirus. Profesionais culpan das eivas á privatización dun servizo sanitario básico.
"O virus pode entrar nunha residencia, pero se se propaga é porque non se adoptaron as medidas necesarias"
A segunda onda da pandemia provocou xa 129 mortes nas residencias galegas, o 40% do total. Falamos con Francisco Xose Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna e secretario de REDE sobre a situación xeral dos centros de maiores e as eivas que presentan as instalacións de DomusVi coma a de Ribadumia, intervida pola Xunta.
O TSXG desbota ordenar á Xunta dar clase por internet a familias que o esixen por "temor ao contaxio" da COVID
577 centros educativos teñen algún caso da COVID-19 entre o seu alumnado ou persoal, segundo a Xunta, que cifra os positivos en 1.181.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A notificación atrasada de 17 falecementos dispara as cifras de mortalidade ligada á pandemia en Galicia
Dezasete das 21 mortes notificadas polo Sergas o luns producíranse nos tres días anteriores e o total chega así a 944. O número de casos novos do coronavirus rexistrados en Galicia acumula tres días de descenso ata os 448 notificados este martes, aínda que tamén son tres as xornadas de redución no número de probas PCR procesadas, cuxa positividade segue estable na contorna do 8%
A Xunta presenta, tras dous meses de curso, un plan de ensino virtual que obriga os centros a entregar nunha semana un horario
O plan limítase a ser unha "folla de ruta" deste ensino a distancia, que se aplicaría -no caso dun novo confinamento domiciliario- en todos os cursos dende 3º de Primaria. As 'aulas virtuais' terán un horario semellante ás clases presenciais, controis de asistencia e tempos para a realización de tarefas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Nove mortes e máis presión nos hospitais galegos pola COVID mentres as probas positivas se estabilizan no 8%
Sanidade suma 604 novos casos tras tres días por riba dos 700, un descenso en proporción case idéntica ao do número de probas PCR realizadas na última xornada. Cinco dos nove falecementos son de persoas que vivían en residencias de maiores mentres o Sergas rexistra máis de 500 hospitalizacións de persoas diagnosticadas do coronavirus por primeira vez nesta segunda vaga da pandemia
- Reportaxe
- Acontece Pontevedra
"O modelo Pontevedra non consiste en grandes obras, senón en pequenas accións que transforman un lugar concreto"
Falamos con Xosé Manuel Tato, director xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra e con Ana Montalbán, secretaria técnica da asociación Cidades que Camiñan, sobre o proceso que converteu a urbe nun exemplo internacional de recuperación do espazo público, afianzado aínda máis durante os meses de pandemia
A escaseza de enfermeiras obriga o Sergas a denegar descansos e recorrer a estudantado nos cribados masivos
Sanidade suspende a concesión de permisos en varios hospitais pola falta de profesionais nas listas de contratación para cubrir baixas, logo de tirar de alumnado de enfermaría nas probas nas tres universidades.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda os 800 casos da COVID nun día e a porcentaxe de probas positivas dispárase na área de Ferrol
O Sergas suma 791 novos casos do coronavirus, outro máximo en días de récord no número de probas PCR realizadas, e outras catro mortes. A incidencia acumulada a 14 días supera por primeira vez os 300 novos casos por cada cen mil habitantes no global galego. As 74 persoas diagnosticadas do coronavirus ingresadas en UCI supoñen outro máximo da segunda vaga