Acontece
A maioría de indicadores sitúan Galicia no nivel alto de alerta por COVID, que evita pola menor ocupación hospitalaria
Dende hai algúns días os indicadores relativos á incidencia acumulada do coronavirus están no nivel máximo, de risco extremo, segundo os niveis aprobados polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
Os casos activos de coronavirus ligados aos centros de ensino superan o milleiro en Galicia
O total de contaxios de covid-19 nas escolas e institutos no país sitúase nos 1.086, con 51 aulas pechadas.
A Xunta aumenta as restricións en comercio e hostalería nas áreas de Ferrol e Santiago e en Vimianzo
O Goberno galego incrementa as limitacións nalgúns dos municipios que xa están confinados perimetralmente: Ferrol, Narón, Fene, Neda, Santiago, Ames, Teo e Vimianzo. Lugo, A Coruña, Vigo e a área de Pontevedra manteñen as anunciadas o venres.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Récord de positivos e probas da COVID en Galicia nun día coas áreas de Ferrol e Vigo á fronte do empeoramento
O Sergas nunca rexistrara 770 novos casos da COVID-19 en vinte e catro horas, pero tampouco procesara ata agora máis de 10.000 PCR nunha xornada. Sanidade suma outras 8 mortes nunha xornada co 7,5% das probas PCR con resultado positivo, porcentaxe que practicamente duplican as áreas ferrolá e viguesa
A Xunta estende o confinamento perimetral e o veto ás reunións de non convivintes a toda a Galicia urbana
As restricións polo coronavirus que xa estaban vixentes en varios puntos da provincia de Ourense esténdese agora ás demais cidades, algúns dos seus concellos lindeiros e tamén ao municipio de Vimianzo.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o máximo diario de casos de coronavirus diagnosticados, con Ferrol como a área con máis incidencia
No último día detectáronse 713 novos positivos, 696 a través de PCR. Nunca antes se rexistraran tantan infeccións nin se levaran a cabo tantos tests nun só día, máis de nove mil. Hobo que engadir, ademais, 13 novos falecementos, que xa suman 902
No centro de maiores, pero sen deixar a vila: ″unha prolongación da casa″ para 200 persoas na provincia de Lugo
A Deputación de Lugo promove un modelo de residencias de proximidade na provincia que busca manter aos maiores na súa contorna e crear emprego nas vilas
A Xunta reserva 230.000 euros para persoal de "seguimento" da orixe dos contaxios da COVID, que ignora no 65% dos casos
A Consellería de Sanidade tira do fondo de imprevistos para un novo programa de control do coronavirus que afonda nunha das súas eivas contra a pandemia: o achado dos "casos orfos".
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Os casos da COVID ligados ao ensino roldan o milleiro e afectan a case 500 centros
Os datos parciais da Xunta impiden coñecer cantos casos de coronavirus ligados a escolas, colexios e institutos se acumulan dende o inicio do curso. Dous centros están pechados e outros 39 teñen aulas en corentena, segundo o Goberno galego.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A ocupación das UCI medra un 42% na última semana, cun incremento sostido da incidencia do coronavirus en toda Galicia
Ferrol é a área sanitaria na que máis están a aumentar as infeccións, con datos de incidencia que xa se achegan aos de Ourense. Vigo e Pontevedra tamén rexistran importantes subas no número de contaxios, que comezan a elevar as cifras de ocupación hospitalaria
A Xunta recoñece "casos puntuais" de carencia de vacinas da gripe e pide que as persoas sen risco agarden ao final da campaña
Debido á elevada demanda, nalgúns centros de saúde houbo problemas de insuficiencia de doses da vacina que se administra ás persoas de menos de 65 anos. Isto obrigou á Consellaría de Sanidade a facer un chamamento público a que os cidadáns e cidadás que non forman parte dun grupo de risco agarden a decembro