Acontece
A couza da pataca entra en Bergantiños, unha das zonas de maior produción
A finais de novembro o insecto foi detectado en dúas parroquias da Laracha e nunha de Carballo, onde xa se prohibiu a plantación e comercialización do tubérculo. A comarca é a segunda de Galicia con maior produción. En cambio, a Xunta declarou libres da praga a nove concellos do norte da Coruña e Lugo
Verín e os rexedores do baleiro
Vera Hermida
- Entrevista | Casimiro Obispo Pola sanidade pública
- Acontece
"O problema do paridoiro de Verín é que non hai pediatras nin anestesistas. Hai que buscar unha solución"
A Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía sae en defensa dos xinecólogos e xinecólogas do Hospital de Verín e pon o foco na carencia doutros profesionais e en problemas estruturais. Falamos co seu presidente.
A loita da enfermería eventual do Sergas chega ao Parlamento Europeo
O colectivo Eventuais en Loita denuncia da man do BNG ante a Comisión de Peticións da Eurocámara a situación de precariedade do sector.
Parto de urxencia en Verín tras o peche do paridoiro
O médico especialista impediu o traslado dunha nai cun parto moi avanzado a Ourense, tal e como ordena o Sergas, e puxo en coñecemento do xuíz de garda a situación ante a ausencia dun pediatra que tivo que vir desde o CHUO.
- Gráficos
- Acontece
O 2019 vai camiño de marcar un novo mínimo histórico de nacementos en Galicia
No primeiro semestre deste 2019 naceron 7.695 nenos e nenas, fronte aos 8.311 do mesmo período do 2018. O número de defuncións (16.121) duplica as cifras de novas inscricións. O noso país é a comunidade autónoma con peor saldo vexetativo.
A falta de fondos leva á Xunta a denegar o 80% das solicitudes de axudas para pagar o alugueiro
O Goberno galego vén de resolver, con máis dun ano de atraso, a convocatoria lanzada no verán do ano 2018. Tan só dous mil dos 12.000 demandantes se poderán beneficiar desta subvención, que xa foi criticada hai meses pola limitada contía económica destinada pola Xunta.
O 'Blue Star', desencallado por fin tras 18 días embarrancado na costa de Ares
O dispositivo da empresa contratada pola armadora logra desencallar o quimiqueiro con dous remolcadores e despois de case tres semanas varado.
A Deputación de Pontevedra anima a agasallar xoguetes sen desigualdades de xénero
O ente provincial lanza a campaña “Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”, animando a “cambiar as regras” para que as novas xeracións se desenvolvan “de forma igualitaria"
🔴Última hora
Son horas, son dereitos: o profesorado en folga
Suso Bermello