A Coruña comeza a sufrir unha folga do lixo marcada pola negativa a negociar da filial de Urbaser
O persoal da planta de tratamento de Nostián, que dá servizo á cidade herculina e a oito concellos máis, iniciou esta noite unha folga motivada por ERE de dous anos que afectará a 39 traballadores. O Concello recoñece que os residuos comezarán a acumularse nas rúas este mércores.