Alumnado de Tomiño e Vila Nova de Cerveira terá máis doado participar nas actividades da outra beira do Miño
A Comisión Europea estuda fórmulas para eliminar as actuais barreiras burocráticas para o intercambio transfronteirizo dos e das escolares. A petición realizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño busca "consolidar unha maior coesión territorial, social e económica"