'Prende!': á procura de mocidade para aprender oficios que "boten raíces" no rural de Lugo
Ata o 9 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para a formación do plan 'Prende!', da Deputación de Lugo e a UE, centrado nos sectores das enerxías renovables, hostalaría e turismo, xestión forestal e mais agricultura e gandaría. Incorporará 60 persoas á formación nestas catro áreas profesionais e, nunha segunda fase, ofrecerá oito meses de experiencia laboral en empresas