O número de nacementos por trimestre baixa de 4.000 por primeira vez dende que hai datos
En Galicia finan máis de dúas persoas por cada nacemento, unha situación que é extrema nas provincias orientais. En Lugo houbo no primeiro trimestre 3,2 mortes por cada nacenza e en Ourense esta relación foi de 4,1 defuncións por cada novo rexistro.