O lume prendeu media Galicia: no 60% dos concellos comezou algún incendio no peor da vaga
A información oficial revelada agora cunha petición formal de transparencia permite comprobar como en 182 municipios galegos se iniciou algún fogo durante os primeiros 18 días de agosto, sendo Vilalba, Ponteceso, Carballo ou Santiago algúns dos que sumaron máis focos.