Acontece
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Desafiuzamentos estables, ocupación residual
Os desafiuzamentos sitúanse nuns 300 trimestrais, en torno á metade que hai unha década, e multiplican por 20 os novos casos de ocupación entre marzo e xuño de 2025
Case 10.000 persoas confinadas e 3.400 evacuadas polos incendios en Galicia
O Estado cifra o impacto máis aló dos danos forestais e no patrimonio natural dun lume que cada vez ameaza máis vivendas e poboación. Protección Civil cifra en 38 os feridos no que vai de ano e detalla tamén que o 30% dos medios estatais despregados no Estado actuaron en territorio galego.
- Datos Escola pública
- Acontece
O portugués medra no ensino pero aínda é escaso: 100 centros e 6.400 estudantes en só 60 concellos
O alumnado de lingua portuguesa triplicouse en Galicia en oito anos e aumentou un 23% nun só curso, pero segue a ser unha minoría exigua máis dunha década despois da aprobación da Lei Paz Andrade. O estudantado que aprende este idioma só supón o 5% en Secundaria.
5.020 hectáreas: a Comisión Europea cifra o queimado en Pena Trevinca, o 20,2% do espazo protexido
O lume comezou en Zamora o 14 de agosto e veciñanza alertou o 16 de que entrara en Galicia, pero a Xunta non o rexistrou ata as 18.42 horas do día 18 e non o comunicou ata case un día máis tarde
Condenado por estafar dúas persoas en Vigo ás que alugou un piso do que non dispuña
A Audiencia de Pontevedra vén de condenar a 18 meses de prisión a un home ao que dúas persoas entregaron 1.420 e 700 euros respectivamente en concepto de reserva e fianza por unha vivenda sobre a que en realidade non tiña dispoñibilidade. As vítimas reclamáronlle sen éxito as chaves da vivenda e, posteriormente, a devolución do diñeiro, tamén infrutuosamente.
Política Social volve ser condenada por "represaliar unha traballadora que resulta incómoda" por querer conciliar
Tras vencer á Xunta un preito laboral e presentar outras dúas denuncias que tamén gañaría, a muller viu rexeitada unha petición de días libres que si foron outorgados a outra compañeira. Agora a xustiza considera "evidente" a discriminación
Unha cadea humana denuncia as eivas da sanidade pública no Barbanza
A protesta en Ribeira defendeu "o dereito unha atención sanitaria pública e de calidade", censurou a falta de persoal médico e as elevadas listas de espera e reclamou solucións urxentes á Xunta.
- Reportaxe
- Acontece
Educar sen pantallas?: "O desafío non é tecnolóxico, senón ético"
"Non podemos deixar que sexa o propio internet quen ensine aos cativos a usar internet", defende o psicólogo clínico Ricardo Fandiño. A enquisa da ONG Educo apunta a unhas cinco horas diarias de pantallas de media pola semana e arredor de seis horas ao día nas fins de semana en crianzas de 6 a 13 anos
Sobre lingua, cultura, tradicións...
Antonio Gregorio
A nave do horror en Ordes: 250 cadáveres e 171 animais máis "en condicións extremas"
A Garda Civil desmantela un criadeiro clandestino no Mesón do Vento tras atopar restos en descomposición ou momificados de diferentes especies e cans, cabalos ou aves protexidas convivindo nun espazo "en condicións de salubridade e benestar animal extremadamente deficientes".
Expulsado un Garda Civil de Lugo por golpear e ameazar a súa ex-parella, á que controlaba coas bases de datos do corpo
O Supremo ratifica que o Ministerio de Defensa expulse o axente, condenado en firme por violencia habitual e ameazas continuadas, polo "claro prexuízo ao crédito e prestixio do que goza a institución"