A espera cirúrxica dispárase a case tres meses na área de Santiago
A media de espera por unha intervención en Galicia sitúase nos 69,3 días tras un lixeiro aumento e increméntase en máis de doce días na área santiaguesa, onde alcanza os 85,7.
A media de espera por unha intervención en Galicia sitúase nos 69,3 días tras un lixeiro aumento e increméntase en máis de doce días na área santiaguesa, onde alcanza os 85,7.
Sandra Garrido e Manu López foron recibidos no Concello de Santiago e ofreceron unha rolda de prensa para dar detalles sobre a súa detención por parte do exército israelí en augas internacionais. Garrido salientou a "forza da sociedade civil organizada" para parar o xenocidio en Gaza
O TSXG considera "sorprendente" que para non indemnizar á familia a Xunta restase valor a un informe dun forense do seu propio Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga)
"O descenso do caudal dos ríos dende xullo" pola escasa chuvia, "a evaporación de auga pola calor" e o "aumento notable da poboación durante o verán" en concellos "explican o escenario", sinala Medio Ambiente. "Teñen unha programación ridícula e queren que Vigo quede sen auga", sostén Abel Caballero
É un descenso leve, pero significativo: o abaratamento dos alugueiros en setembro na Coruña contrasta coas subas que seguen a rexistrar as outras seis cidades galegas. Nos sete primeiros meses do ano, antes da declaración de zona tensionada, A Coruña estaba a ser unha das cidades nas que o prezo dos alugueiros máis se estaba encarecendo (+7,6%)
Uns 35.000 envíos estaban sen repartir na cidade a mediados de setembro; agora, uns 16.000 seguen aínda á espera nas dúas oficinas máis colapsadas. Os sindicatos denuncian a falta de cobertura de prazas e as "políticas de aforro irresponsábeis" que se agravan coas vacacións de verán.
A Universidade de Vigo acolleu a Conferencia europea sobre Comunidades enerxéticas rurais, organizada por EC4Rural, co obxectivo de avanzar na transición enerxética limpa de Europa a través dunha participación activa e xusta. Os 22 concellos galegos partipantes son Avión, Becerreá, Entrimo, Mazaricos, Moeche, Monterroso, Muíños, Muras, Ordes, Ourol, Outes, Palas de Rei, A Pobra de Brollón, O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda, Sober, Tomiño, Tordoia, O Valadouro, Vedra e Vilasantar
Unha investigación do ente fiscalizador estatal revela que 9 das 12 oficinas da provincia coruñesa carecían de citas dispoñibles ou estas tiñan unha "demora significativa"
Cumpríronse as expectativas. A solidariedade galega uniuse en Santiago cunha mobilización masiva para pedir a fin da ocupación do territorio Palestino e do xenocidio en Gaza.
"Non se paraba co fume, tiñamos que poñernos de xeonllos na bodega para poder respirar", relata Silvia Buján, unha das veciñas da aldea de Budián que quedou cercada polo lume de Pantón. "Non morreu ninguén porque tivemos sorte", conta Roi López. Neste incendio que arrasou parte de ribeira do río Cabe, no corazón da Ribeira Sacra, arderon 1.805 hectáreas e queimáronse nove vivendas
A forza social de Vigo quedou reflectida esta mañá na resposta cidadá á convocatoria da mobilización da Plataforma Cívica de Vigo Pro-Palestina, na que participaron ata 42 colectivos da cidade, na véspera da manifestación unitaria do domingo en Compostela.