Acontece
Adeus ó ceo
Antonio Gregorio
Os montes comunais de Vigo reciben tres millóns de visitas ao ano e capturan o CO2 de 49.000 fogares
A través do proxecto Montes de Vigo 2046 a Mancomunidade fai unha chamada "á corresponsabilidade dos axentes que conforman a sociedade viguesa" para a axeitada xestión duns espazos que abranguen o 15% da superficie do concello e que achegan un beneficio social cuantificado en ata 100 millóns de euros ao ano.
"Non queremos facer un xuízo a ningunha familia, o tráfico de escravos en Galicia foi sistémico"
Entre 1800 e 1860 fretáronse dende Galicia cando menos 84 expedicións que transportaron a América máis de 23.000 persoas escravizadas africanas. Un tráfico que xerou importantísimos beneficios económicos a empresarios e familias ben coñecidas na Coruña. Este xoves inaugurouse no MUNCYT a exposición A Coruña, Porto Negreiro, coordinada por Cristina Botana Iglesias e Zinthia Álvarez Palomino, coas que falamos
Sostible para eles, devastación para nós
Soraya Mangana Rivas
O Estado abre o prazo para solicitar o alugueiro de 67 pisos do 'banco malo' en Vigo
Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda, ofrece arrendamentos de entre 399 e 909 euros en dúas promocións nunha convocatoria aberta ata o 20 de febreiro. A oferta chega trece anos despois de que a Sareb quedase con 5.000 millóns en 'ladrillo tóxico' de Caixanova e Caixa Galicia e mentres o rexistro de demandantes de vivenda protexida da Xunta ten máis de 7.000 inscricións en Vigo
Pacto de Medicina: a inclusión das demandas da facultade no aval da USC mantén a desconfianza
O Consello de Goberno da universidade compostelá aproba o acordo de descentralización pero tamén a "folla de ruta" na que a Xunta de Facultade engade varias demandas a incluír na comisión de seguimento. A UDC aclara que entre as funcións deste órgano non están as "modificacións substanciais do texto", como poderían ser "as porcentaxes de profesorado ou a a autonomía das unidades docentes", dúas das cuestións que pretende cambiar Santiago.
Racismo e machismo: a "lóxica estrutural" que sofren as traballadoras do fogar e coidados
SOS Racismo presentou hai uns días un informe que afonda nas situacións de discriminación e violencia por motivos raciais ou xenofóbicos que sofren moitas das mulleres que realizan traballo doméstico e de coidados. A investigación parte de máis de 400 entrevistas realizadas en Galicia, Euskadi, Navarra, Cataluña e Aragón.
Medicina acepta agora descentralizar o grao e o Concello de Santiago pide vetar novas titulacións
A Xunta de Facultade dá marcha atrás e aproba o acordo de descentralización con 64 votos a favor, 21 en contra e catro en branco. O pleno da corporación santiaguesa aproba unha declaración institucional na que pide o "compromiso explícito das institucións" para "pechar o camiño a actuacións unilaterais de creación de novas titulacións".
As acusacións espállanse: o BNG dá de baixa un concelleiro en Moraña e dúas ex-edís da Coruña denuncian acoso laboral
As denuncias por acoso continúan a provocar reaccións nos partidos galegos. Na Coruña, a alcaldesa Inés Rey e o tenente de alcaldesa José Manuel Lage Tuñas foron sinalados por presunto "acoso laboral" por parte de dúas ex-concelleiras socialistas. Pola súa banda, o BNG informa da "expulsión" dun concelleiro de Moraña "por causa dunha acusación de violencia machista" que lles foi comunicada "verbalmente"
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
Profesorado organízase en asembleas "para mellorar o ensino público"
Asembleas de docentes, impulsadas desde o comezo de curso en colexios e institutos pola "situación crítica" da ensinanza, espállanse por toda Galicia e conflúen nun "novo espazo de mobilización" no marco das folgas convocadas por CIG-Ensino e STEG.
Defender a sanidade pública tamén é falar dos seus límites
Adolfo Telmo Pérez